O «NigranJazz» presume da internacionalidade do jazz galego e reivindica á muller

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán no esteiro de A Foz (A Ramallosa), abre mañá venres a súa treceava edición cunha primeira xornada na que presumirá da internacionalidad do jazz galego e na que reivindicará o papel da muller nesta música co trío Hey Cats. Así, os músicos galegos de jazz máis recoñecidos serán os protagonistas liderando formacións internacionais feitas ex-profeso para a ocasión, arrancando ás 21:00 horas co cuarteto do saxofonista Pablo Castaño e seguido ás 22:30 do tamén cuarteto do saxofonista Xosé Miguelez e o pianista Jean-Michel Pilc Quartet.

 

Porén, serán tres mulleres de diferentes nacionalidades ás que por vez primeira abran o festival ás 19:30 h no escenario do Rilla na Rúa (cara a Alameda da Ramallosa) interpretando temas só compostos por mulleres, obxectivo do seu proxecto ‘Hey Cats’ no que veñen investigando dende a ESMAE de Oporto para, precisamente, visibilizar o papel da muller nesta música. Esta primeira xornada rematará coa clásica jam-session liderada nesta ocasión polo trío do pianista Martín Lopo. O Nigranjazz, ao que se une Cervezas Alhambra como colaborador, conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE), a Fundación Mayeusis, Elemental Chefs, Rodosa ou ACentralFolque.

PABLO CASTAÑO residiu en New York durante dez años onde compartíu moitas horas de música con Yago Vazquez e estableceron unha conexión musical verdadeiramente máxica. A eles únenselles Iago Fernández, un dos bateristas novos máis prestixiosos en Europa, e o contrabaixista Paco Charlín, un histórico do jazz en Galicia formado en EEUU e gran responsable do enorme crecemento do Jazz na nosa comunidade. O cuarteto de Pablo Castaño encádrase dentro da tradición jazzística, composto por saxofón, piano, contrabaixo e batería. Influenciado sen dúbida polos cuartetos e pequeños ensembles esenciais da historia do jazz liderados por instrumentos de ventos; desde Lester Young, Charlie Parker, John Coltrane a un longo etc. Aínda que unha das formacións que máis inflúe neste grupo podería ser o cuarteto de Wayne Shorter.

XOSÉ MIGUÉLEZ, recente gañador do premio Martin Codax na categoría de Jazz, ven de gravar o seu primeiro disco en Kansas con músicos americanos e nesta ocasión estará acompañado polo franco- americano Jean Michel Pilc, un dos pianistas máis destacados da súa xeración, de Carlos Barreto, unha institución do contrabaixo en Portugal e Marcos Cavaleiro, baterista portugués de enorme curriculum. O cuarteto "XOSÉ MIGUÉLEZ/ JUEAN-MICHEL PILC" reúne a catro músicos de tres nacionalidades diferentes que comparten a súa ansia pola busca insaciable e libre de expresión artística. O pianista e compositor autodidacta Jean-Michel Pilc tocou con numerosos xigantes do jazz como Roy Haynes, Billy Hart, Michael Brecker, Dave Liebman, Jean Toussaint, Rick Margitza, Kenny Werner, Marcial Solal, Michel Portal, Daniel Humair e Marcus Miller, Kenny Garrett, Lenny White, Chris Potter, John Abercrombie, Mingus Big band, Lew Soloff ou Richard Bona, entre outros. Xose Migué lez está considerado actualmente como un dos saxofonistas má s destacados da nova generació n de mú sicos de jazz da pení nsula ibérica. O seu proxecto musical má s recente, " Ontology", gravado en Estados Unidos e que se presentou en agosto de 2018 na sala " Blue Room" do American Jazz Museum en Kansas City.

‘HEY CATS’ nace na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Oporto (ESMAE),onde deciden xuntarse tres mulleres de diferentes partes do mundo co obxectivo de crear un proxecto que visibilice á muller na música. Así, despois dun traballo de investigación decátanse de que hai moitos temas famosos compostos por mulleres, pero que, con todo, os seus nomes non o eran tanto; acabamos elaborando un repertorio que abarca temas de jazz, boleros e composicións propias. Todo composto por mulleres que, a pesar das dificultades, loitaron por ter un lugar no mundo da música.

O Nigranjazz continúa o sábado coa gran actuación estelar ás 22:30 da cantante americana Deborah Carter, quen ademais ofrecerá unha master-class matinal no Auditorio do Edificio Tecnolóxico de Porto do Molle. Deborah Carter reúne para a ocasión a Xan Campos ao piano e Chus Pazos á batería xunto a Mark Zandveld ao contrabaixo. Previamente, outro dos músicos galegos de jazz máis internacionais, o saxofonista Fernando Sánchez, amosará o seu quinteto no escenario do Esteiro de A Foz. O Escenario do Rilla na Rúa abrirá a xornada ás 19:30 con Off-Room, trío 100% nigranés.

Trece anos ás costas e un dos mellores festivais do noroeste peninsular
O Nigranjazz, festival señeiro do Concello de Nigrán, cumpre 13 anos sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas.

Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek, Kurt Rosenwinkel...

Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. Compre destacar que o Nigranjazz outorga tamén especial relevancia á relación galaico-portuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar.