González transmítelle a Corina Porro a urxencia de "desatascar" a situación de Otero Pedrayo

O alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo esta mañá na Casa do Concello unha reunión con Corina Porro nun dos seus primeiros encontros oficiais como nova delegada da Xunta en Vigo. A visita, á que asistiron máis membros do goberno local, servíu para que o rexedor lle transmitise persoalmente os asuntos competencia do goberno autonómico que máis urxen no municipio e, neste sentido, priorizou a necesidade de desatascar a situación da rúa Otero Pedrayo.

Ademais, González referíu aspectos das futuras obras de mellora da seguridade vial na PO-552 e da senda peonil e ciclista de A Ramallosa a Gondomar, quedando emplazados para tratar tamén outros temas como a necesidade de renovar e ampliar o IES Val Miñor ou dotar de cociña propia o CEIP Humberto Juanes.

"Hay unha total disposición á colaboración dende as dúas partes. Queremos mantener unha relación cordial e de entendemento coa Xunta de Galicia e estamos seguros de que estes catro anos vai a haber un diálogo fluído que nos beneficiará a todos", sinalou o rexedor, quen destacou a súa boa relación persoal con Corina Porro tras ter coincidido no pasado el como responsable de Érguete e ela como alcaldesa de Vigo.

Tal e como lle explicou o alcalde á nova delegada, o Concello de Nigrán solicitou oficialmente no mes de xuño, nunha das primeiras xestións como novo goberno, unha reunión coa Axencia Galega de Infraestruturas que permita desbloquear a situación da rúa Otero Pedrayo, en estado calamitoso e de titularidade autonómica, de feito, o goberno local leva solicitado dende 2016 a sinatura dun convenio de colaboración coa Xunta (mesmo mediante unha moción plenaria aprobada por unanimidade en xullo) sen obter resposta, este silencio mantense incluso despois de que o Concello remitise á Conselleria de Infraestruturas en xullo de 2017 un anteproxecto que cifraba a actuación en 1,2 millóns (documento que o alcalde de Nigrán se comprometera a enviar tras manter unha reunión coa conselleira).

Esta estrada autonómica que une as parroquias de Nigrán e Panxón acumula decenas de denuncias dos veciños debido a lesións e accidentes ao ter as beirarrúas peor conservadas de todo o municipio, ademáis, resulta imprescindible a reparación do seu firme, o pintado do mesmo e a instalación de medidas correctoras de velocidade para evitar accidentes, así como o arranxo na rede de saneamento e pluviais. "É algo urxente e prioritario para Nigrán e Corina Porro amosou unha boa disposición para darlle resposta", destaca González.

Ademais, o alcalde trasladou a Corina Porro a total conveniencia de manter a regulación semafórica na PO-552 na súa intersección con Cotros (á altura da panadería La Pintora), xa que as futuras obras de mellora da seguridade vial nesta estrada contemplan sustituílos por unha semi-rotonda. "Os semáforos foron instalados hai máis de catro anos como medida de seguridade vial e demostraron funcionar moi ben, os veciños están moi satisfeitos e desexan que se manteñan", incide o alcalde, quen destaca que a semi-rotonda "suprimiría o aparcamento da panadería dificultando moito a continuidade do negocio e, ao mesmo tempo, dificultando o acceso dos veciños ao barrio", indicou o rexedor, quen destacou que "froito das alegacións do Concello sí se solventou o problema que existía no camiño das Barreiras".
Por outra banda, o alcalde referiu os problemas da nova senda peonil e ciclista A Ramallosa-Gondomar, onde moitos veciños viron moi dificultado o acceso ás súas casas ao obligárselles a desplazamentos máis longos. Neste sentido, destacou o problema que supón a nova semi-rotonda da Xunqueira, ao carón dunha empresa de gas butano, xa que os camións teñen moitas dificultades para circular nela, dificultando o tráfico e mesmo pondo en perigo a seguridade viaria.

Finalmente, o alcalde e a nova delegada quedaron emplazados a manter futuros encontros para tratar aspectos como a necesidade de renovar e ampliar o IES Val Miñor ou dotar de cociña propia o CEIP Humberto Juanes. "Temos unha canle de comunicación aberta que, de seguro, vai beneficiar aos veciños de Nigrán", finalizou González.