Nigrán amplia ata o 15 de xaneiro a inscrición no programa de composteiros comunitarios

O Concello de Nigrán anunciou a apliación, ata o de 15 de xaneiro, do prazo de inscrición para participar no programa provincial de compostaxe comunitaria levado a cabo pola Deputación e que consiste na instalación de unidades a tal efecto no punto limpo. Esta iniciativa permitirá aos usuarios depositar materia orgánica e recoller a cambio abono de alta calidade de xeito totalmente gratuito. Os composteiros comunitarios estarán á disposición dos veciños que se apunten e de locais de restauración, onde se xera gran cantidade de residuo idóneo, como sobras de comida, froitas e verduras, cascas de ovo, restos de café...

O Concello fai un especial chamamento aos hosteleiros para que se sumen ao proxecto, xa que ao indudable beneficio para o medio ambiente se sumaría a solución ao problema dos malos olores nos colectores que tantas queixas cidadás supoñen, especialmente no verán. “Colaboraremos con eles para que sexa un proceso que non lles supoña trastorno algún na súa actividade diaria e a cambio beneficie a todo o municipio, xa que se obtería maior compost e evitaría este problema”, explica Diego García Moreira, edil de Medio Ambiente (a previsión é que os composteiros entren en funcionamento no segundo trimestre de 2016, antes da época estival).

Así, con este fin último de aposta clara pola reciclaxe no municipio e consecuentemente de mellora da calidade de vida dos veciños, o Concello anima a que os interesados no seu uso (particulares e hosteleiros) a que se inscriban antes do 15 de xaneiro, ben a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou acudindo a Concellalía de Medio Ambiente (edificio antigo, segundo andar). Os datos que se deben aportar son nome e apelidos, idade, dirección, teléfono de contacto e o seu compromiso de participación.

“É un proceso sinxelo que ademáis ten unha vertente didáctica importante, posto que permite coñecer aos cidadáns a necesidade de separar e compostar os restos orgánicos producidos nos domicilios e ao mesmo tempo, se fortalecen os vínculos comunitarios entre veciños da zona, xa que todos participan no proceso”, sinala Diego García Moreira, edil de Medio Ambiente.
Mestres composteiros

Ademáis das unidades de tratamento biolóxico, a Deputación facilitará durante como mínimo 6 meses un mestre composteiro que terá a función tanto de dar soporte técnico como de participar activamente nos traballos físicos xunto cos veciños que se involucren, resolvendo as dúbidas e os problemas que poidan xurdir durante as fases do proceso. Ademáis, formará na materia ao persoal ao cargo do Punto Limpo, que seguirá tratando os restos de poda (os residuos orgánicos que poden entregar os usuarios dos composteiros non inclúen esta madeira).

Precisamente, con vistas á instalación destas unidades de tratamento biolóxico e a través da Deputación, o edil de Medio Ambiente, Diego García Moreira, participou en setembro nun curso de verán sobre xestión de residuos que baixo o título 'Hacia la economía circular’, organizou a Universidade Pública de Navarra.