Mellora da seguridade viaria en Rosalía de Castro

O Goberno Local de Nigrán ven de habilitar dúas novas orelleiras na Avenida Rosalía de Castro, á altura da rúa Celso Emilio Ferreiro, unha medida que se complementará coa construción dun paso de peóns elevado.

O obxectivo e mellorar a seguridade viaria nese punto da rúa, moi transitado especialmente en horario escolar, ao atoparse preto do colexio Humberto Juanes.

Estes traballos enmárcanse no proxecto de acondicionamento e mellora das beirarrúas da PO-552 (Rosalía de Castro e Avenida Val Miñor) que están sendo executadas polo goberno municipal a través dun plan de investimentos da Deputación Provincial cun investimento de 160.000 euros