Música Sacra no Tempo Votivo de Panxón

O Templo Votivo do Mar de Panxón, acollerá este vindeiro sábado, 11 de abril, un concerto de música sacra que correrá a cargo da Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán.

A cita será as 20:0 horas despois da celebración da Santa Misa. No concerto, actuará tamén en calidade de invitado, o Coro Clásico de Vigo. O programa comezará coa interpretación de catro pezas por parte da coral de Nigrán para, deseguido, o Coro Clásico de Vigo interpretar outras nove cancións. Como remate, ámbalas dúas corais interpretarán conxuntamente, dúas cancións.