Campaña de Detección Precoz do Cancro de Mama

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, vén de facer público un bando para informar a todas as veciñas do municipio, con idades comprendidas entre os 50 e 69 anos, da posta en marcha dunha nova campaña de Detección Precoz de Cancro de Mama que organiza a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC e que terá o seu inicio o vindeiro día 1 de abril.

Xornada de Portas Abertas do “Terras do Miñor III”

A Residencia de Tempo Libre de Patos (Nigrán), acolleu a xornada de portas abertas ofrecida polo Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor III”. O obxectivo desta iniciativa non era outro que permitir que os contratantes potenciais puideran comprobar as habilidades adquiridas polo alumnado nas diferentes materias.

Curso de Xardineria Básica para desempregados

O Concello de Nigrán, dentro do seu Plan Formativo Municipal, vén de poñer en marcha un curso de Xardinería Básica no que poderán participar 15 veciñas e veciños en situación de desemprego e que estean empadroadas no municipio.

Acta de replanteo do novo Centro de Saúde de Gondomar

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou os terreos onde se edificará o novo Centro de Saúde de Gondomar. Na súa visita, Fernández-Campa estivo acompañado polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián; o director de Procesos sen Ingresos e Urxencias da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, Francisco J. Caramés ; a xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro e xefa de servizo da S.X. de Investimentos, Amparo Montenegro. Ao acto tamén asistiron representantes da empresa adxudicataria CORSAN- CORVIÁN.

Suscribirse a este canal RSS