Nigrán crea dúas novas pistas multideportivas en Panxón e no Ceán

O Concello de Nigrán ven de instalar dúas novas pistas multideportivas en Panxón (contorna do pavillón) e no Ceán (rúa Reverendo José María Pérez Alonso), ambas situadas a carón dos respectivos parques infantís e cun investimento total de 27.735 € ao cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, o goberno local reforza as infraestruturas deportivas para os nenos nestas parroquias e, ao mesmo tempo, amplía a oferta dos parques infantís existentes. En ambos casos corresponde a unha demanda das entidades veciñais á que se lle dá resposta.

A Deputación achega a Gondomar a «SonDeSeu» no Musigal 2019

O concello de Gondomar acollerá este próximo sábado a actuación de «SonDeSeu» ao abeiro de «Musigal 2019», o programa da Deputación de Pontevedra vinculado á área de Cultura. «SonDeSeu» é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

O «NigranJazz» presume da internacionalidade do jazz galego e reivindica á muller

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán no esteiro de A Foz (A Ramallosa), abre mañá venres a súa treceava edición cunha primeira xornada na que presumirá da internacionalidad do jazz galego e na que reivindicará o papel da muller nesta música co trío Hey Cats. Así, os músicos galegos de jazz máis recoñecidos serán os protagonistas liderando formacións internacionais feitas ex-profeso para a ocasión, arrancando ás 21:00 horas co cuarteto do saxofonista Pablo Castaño e seguido ás 22:30 do tamén cuarteto do saxofonista Xosé Miguelez e o pianista Jean-Michel Pilc Quartet.

Todo a punto para a popular carreira pola praia «IX Nigrán Area»

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, organizan o sábado 3 de agosto a novena edición da 'Nigrán Area', carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca. O prazo de inscrición para esta proba que reúne cada ano a centos de persoas está aberto ata o martes 30 de xullo ás 23.59 horas, ben a través da web www.carreirasgalegas.com, e na piscina mancomunada de A Ramallosa e na oficina de turismo de Panxón só nas categorías de pitufos a cadetes.

O «Conde de Gondomar» cita ás mellores tripulacións nas Rías Baixas

O día grande de Galicia volverá estar marcado, un ano máis, por unha das citas náuticas máis importantes do ano, o Conde de Gondomar do Monte Real Club de Iates de Baiona, que se mantén fiel á celebración dunha das súas regatas máis históricas facéndoa coincidir co festivo de Santiago. Así, o vindeiro xoves, día 25, dará comezo nas Rías Baixas a cuadraxésimo cuarta edición da competición, que volve ser Trofeo Banco Sabadell grazas ao patrocinio da entidade bancaria.

Baiona acolle «Bailar Agora» no marco de «Mulleres en Acción. Violencia Zero»

A bailarina e coreógrafa ourensá Marta Alonso Tejada ofrecerá o seu espectáculo «Bailar agora» o vindeiro día 23 de xullo, unha actuación que se enmarca no programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero» da Deputación de Pontevedra. A representación terá lugar ás 21.00 horas nos Xardíns da Casa de Navegación de Baiona e ata a vila desprazarase a deputada provincial Iria Lamas.

Suscribirse a este canal RSS