Eva García nega a "desatención" que denuncian os afectados polas canteiras de Atios

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, lembrou que o Concello do Porriño "ten intermediado entre os afectados das canteiras de Atios e a firma Pocasa mediante senllas reunión que recentemente mantivo a propia alcaldesa ámbalas dúas partes na Casa do Concello". De la Torre nega, polo tanto, “a suposta desatención que denuncian os veciños de Atios”, un dos motivos que os afectados alegan coma un dos motivos para próximas movilizacions.

O Centro Social a Devesa acolle, o xoves, un acto público de En Marea

O Centro Cultural A Devesa, de Salceda de Caselas, será escenario o vindeiro xoves, 18 de abril ás 13 horas, dun acto público de En Marea enmarcado na campaña desta formación cara as Xerais 2019. NO acto, amais de Marcos Besada, alcalde de Salceda, participarán Silvia Díaz, candidata ao Senado; e os candidatos e candidatas ao Congreso dos Deputados, Tere Pérez, concelleira de Cultura do Concello de Salceda, Manuel Moreira e Iris Malvido.

Os socialistas de Salceda fanse eco das protestas veciñais polo uso do glifosato

O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas ven de denunciar o uso de herbicidas para a limpeza de cunetas nas zonas rurais. O uso de glisofatos, "cos perigos que supoñen para saúde, xa que poden traer consigo a contaminación de augas subterráneas e mananciais", está a provocar o malestar nalgunhas zonas de Salceda, "coas correspondentes queixas veciñais", sinalan os socialistas.

A veciñanza de Atios mobilízase contra os danos das canteiras

A Asociación de Afectados polas Canteiras de Vilafría e do Carbón vén de convocar a todos os veciños e veciñas de Atios a unha mobilización, o vindeiro domingo día 21, ás 12:00 hs., en protesta por como se está levando a cabo a restauración da canteira de Vilafría e para reclamar o pago das indemnizacións "que a industria do granito lle adebeda aos veciños polos danos causados nas súas vivendas", aseguran os convocantes.

O xantar con Mariano Rajoy reúne en Mos a 1.000 persoas

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e candidata á alcaldía ás eleccións municipais polo Partido Popular, exerceu de anfitrioa do xantar con Mariano Rajoy e Ana Pastor que reuniu en Mos a 1.000 simpatizantes das comarcas da Louriña e Baixo Miño. De feito, ademais de Nidia Arévalo, asistiron todos os candidatos e candidatas do partido ás alcaldías nestas comarcas: Alejandro Lorenzo, por Porriño; Santiago Rodríguez, por Salceda; Roberto Carrero, por A Guarda; José Ángel Fernández, por Tui; Esteban González, por Tomiño; María del Carmen Alonso, polo Rosal e Cristina Correa, por Oia.

Suscribirse a este canal RSS