Dous novos podios para o CPA Condado no Trofeo Internacional de Vigo

O CPA Condado, de Salvaterra de Miño, participaba o pasado 14 de abrio no IV Trofeo Internacional Concello de Vigo que tiña lugar no Pavillón das Travesas. O equipo de Salvaterra non defraudou á súa afección e voltaba para as terras do Condado con dous novos podios acadados nunha final moi disputada. 

Arnoso da verde ao proxecto de renovación do Centro Cultural

A veciñanza da parroquia de Arnoso, no Concello de Ponteareas, vén de darlle luz verde ao proxecto de reforma da Casa Cultural e apoia a proposta do Goberno local. As obras serán financiadas, nunha parte, polos fondos europeos dentro da estratexia EDUSI 'Ponteareas, hábitat saudable' e noutra parte con fondos propios. A arquitecta responsable do proxecto, que conta con fondos para a súa financiación, presentou onte á veciñanza de Arnoso a proposta e solventou dúbidas.

O PSOE ponteareán denuncia "a fuxida de concelleiros do PP e ACiP" do Pleno

O Partido Socialista de Ponteareas, a través da súa portavoz municipal e candidata á alcaldía, Chus Garrote, denunciou hoxe o que cualifica de "fuxida de concelleiros do Partido Popular e ACIP na metade da sesión plenaria", algo que Garrote sinala como "vergoñoso e inadmisible". “O que fixeron PP e ACIP foi insultar aos veciños e veciñas de Ponteareas”, afirma a concelleira socialista.

O BNG cualifica de “escándalo” o uso privado dun camión municipal en Mondariz Balneario

O portavoz e candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, denunciou o que cualifica de “uso indebido do camión que a Deputación Provincial entregou ao Concello, no marco do desenvolvemento do Plan Revitaliza”. Trátase, segundo indica Gil, “dun pequeno camión dotado de guindastre destinado a funcións de apoio á implantación do programa de compostaxe do lixo”.

Salvaterra contará cunha senda peonil entre o centro urbano e As Zacoteiras

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, asinaron hoxe un convenio por importe de máis de 680.000 euros para a execución dunha senda peonil desde o centro urbano da vila e o núcleo de poboación das Zacoteiras, nas estradas PO-400 e PO-402, e a rehabilitación do firme da estrada PO-400, no tramo que coincide coa rúa Rosalía de Castro. O obxectivo é a mellora das condicións de accesibilidade e mobilidade da veciñanza e o reforzo da seguridade viaria.

Primeiros obradoiros para definir os usos do futuro equipamento na Praza Maior de Ponteareas

O goberno de Ponteareas informa que o vindeiro mércores 17 de abril, celebraránse dous obradoiros de traballo no Salón de Plenos do Concello, como continuación do proceso participativo iniciado para a recollida de propostas e ideas, coas que dotar de usos e servizos un futuro equipamento na contorna da Praza Maior. A iniciativa contempla tamén a rehabilitación e posta en valor dalgúns dos edificios, actualmente abandonados, que alí se ubican.

Suscribirse a este canal RSS