Porriño 2017

O Centro Cultural do Porriño acollerá a exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de 'Afundación', Obra Social de Abanca, suscribiron este venres o convenio de colaboración que posibilita que o Centro Cultural do Porriño acolla, entre o 9 de maio e 2 de xuño, a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Á sinatura asistiron tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño e mailo director de oficina de ABanca en Porriño, Jorge Luís García. 

Na mostra de fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocuparán un lugar sobranceiro cuatro imaxes que Anderson tomou na localidade e, unha delas, servirá como fondo para o programa de mán da exposición.

EvaGarcia convenio afundacion 02

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de Abanca, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia

«Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dos anos vinte. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións entre 1924 e 1926 pola Galicia interior e costeira. Acompañada polo seu pai, percorreu Galicia, aprendeu as linguas, castelá e galega, e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.