O Porriño inicia as actividades do campamento de verán

Este luns deu comezo no Porriño o Campamento de Verán 2019, organizado pola Concellería de Igualdade e que conta co financiamento da Deputación Provincial. O Concello promove esta actividade como medida de conciliación para as familias de Porriño de cara que os nenos e nenas poidan gozar de actividades lúdicas e didácticas durante a xornada laboral dos seus proxenitores.

Serán un total de 120 nenos e nenas nacidos entre 2007 e 2014 que gozan das diferentes actividades, xogos e talleres que componen este programa lúdico de ocio e tempo libre, durante o mes de xullo ata o 9 de agosto. As actividades do Campamento de Verán 2019 desenvólvense nas instalacións do Pabellón e Piscina municipais así como no colexio público Fernández López.