salceda 2017

Salceda de Caselas

O PP podería gobernar en Salceda ao romperse as negociacións entre MS e PSOE

PSOE e Movemento Salceda veñen de romper negociacións lago da terceira reunión convocada, ao igual que as anteriores, por parte de MS para perfilar un posible pacto de goberno. Segundo Movemento Salceda, a comisión negociadora do PSOE "mantivo a posición de votar a Verónica Tourón para o posto de Alcaldesa", avalados pola decisión da Asemblea da Agrupación Socialista de Salceda, que segundo trasladou a comisión, "aprobou ata en tres ocasións por unanimidade a postulación de Tourón".

O PSOE de Salceda reivindica a súa "lexitimidade a liderar un goberno de coalición"

O PSdeG-PSOE de Salceda reivindicou onte a súa lexitimidade "para liderar un goberno de coalición" ao non terse producido maiorías e "unha candidatura que non alcanzou a maioría absoluta é, por definición, unha minoría", sinalan os socialistas. Deste xeito, a formación que encabeza Verónica Tourón responde a Movemento Salceda que, no día de onte reclamaba á alcaldía a tenor dos votos obtidos: 1.481 de MS fronte a 1.036 do PSOE.

MS reclama a Alcaldía e ofrece ao PSOE "unha distribución equitativa de concellerías"

Onte luns celebrábase en Salceda a segunda reunión entre Movemento Salceda e PSdeG-PSOE de cara a buscar, de cara ao sábado 15 de xuño, a constitución dun goberno de esquerdas. Logo da reunión, MS trasladaba á comisión negociadora do PSOE un comunicado no que á vista dos votos obtidos por cada formación nas pasadas eleccións –1.481 MS – 1.036 PSOE– reclama a alcaldía que estaría acompañada "por unha distribución equitativa dos concelleiros e concelleiras (3+3).

Marcos Besada, exemplo de responsabilidade

O alcalde en funcións de Salceda de Caselas, Marcos Besada, anunciou hoxe que non recollerá a súa acta para a seguinte lexislatura. Nunha carta feita pública hoxe, Besada sinala que son tempos de "reflexión honesta e responsable"

Suscribirse a este canal RSS