salceda 2017

Salceda de Caselas acolle un curso de formación en Apicultura moderna

A deputación inicia a vindeira semana o curso formativo “A Apicultura moderna e sostible”, enmarcado no proxecto DepoApicultura e que se desenvolverá ata o mes de setembro. É un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que se desenvolve en zonas rurais da Rede Natura.

En Salceda de Caselas, tera lugar unha formacion semipresencial os días 16 e 17 de Abril no centro Cultural Social A Devesa se celebrarán as sesións presenciais que contan con obradoiros teórico- prácticos.

A formacion está dirixida para persoas desempregadas que poderan inscribirse a través do contacto Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono de contacto 886 210 725.

No programa atenderanse diferentes módulos de formación entre os que se explicarán as técnicas de producción apícola, manexo de métodos de reproducción das colonias, a alimentación complementaria, elaboración dos diferentes produtos, así como o desenvolvemento empresarial do sector como Unha vía de xerar emprego.