salceda 2017

Susana Seivane, plato forte do Verán Cultural de Salceda

A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Alex Rodríguez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo, e que o concelleiro presentou esta mañá acompañado da alcaldesa, Loli Castiñeira. O Concelleiro amosouse moi agradecido coas diferentes asociacións do municipio que ano tras ano se ofrecen a subirse ao escenario para presentar os traballos realizados nos diferentes locais culturais das parroquias, e que permiten que se siga mantendo unha programación diaria que se extende ao longo de máis de duas semanas.

Nese sentido, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, quixo incidir nese agradecemento "ao traballo do tecido asociativo, lembrando que o Concello segue a apostar pola cultura da casa e por poner en valor o traballo feito polas diferentes asociacións do municipio".

Salceda encherase, deste xeito e un ano máis, de música, baile, cine, xogos e, sobre todo, moita festa que conforma unha programación que, o Concello, cualifica de "variada, para tódolos gustos e para tódolos públicos, cunha especial presenza das actividades dirixidas aos nenos e nenas".

O Verán Cultural arrinca este venres 5 de xullo e o pistoletazo de partida corre a cargo da Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA), que por cuarto ano organizan a Feira Medieval (5, 6 e 7 de xullo). No ciclo hai citas que non poden faltar, como o Certame de Bandas de Música que este ano celebra a súa vixésimo oitava edición, o festival folclórico ou o Día da Infancia, que ano a ano acollen a numeroso público tanto de Salceda como dos arredores.

veran cultural salceda 03

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e a tenente de alcalde, Verónica Tourón, co concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez na presentación do Verán Cultural 2019

 

Destacan no programa as actividades dirixidas ao público familiar, tendo en conta que estamos a falar dun dos Concellos con maior taxa de natalidade de Galiza. Outra das premisas é a variedade de espazos nos que se van desenvolver os actos: O Parque Raíña Aragonta, o Parque da Gándara, o Auditorio Municipal, o recinto do CEP Altamira e, por suposto, a Praza do Concello. A programación extenderase dende o venres 5 ata o luns 22 de xullo en que rematan as Festas do Cristo.

Por outra banda o Concelleiro destacou os actos que serven para homenaxear a diferentes persoas e colectivos de Salceda, como o estourazo ou o Acto Cívico dos/das Salcedenses Distinguidos/as, que se celebran o sábado e domingo das Festas do Cristo. Así mesmo, fíxose especial mención ao concerto que Susana Seivane ofrecerá o sábado 20 de xullo dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura sinalou a intención do seu departamento de "ofrecer un programa variado e para tódolos públicos, convidando a tódolos/as salcedenses a participar dos actos e a pasar uns bos días de ocio”.

PROGRAMACIÓN VERÁN CULTURAL 2019
Martes 9 de xullo
• 23:00 Cine na Rúa. Praza do Concello.
Mércores 10 de xullo
• 20:00 Aula aberta de ioga con Vanessa Guisande. Parque da Gándara.
• 22:45 Teatro Castro Barreiro. Praza do Concello.
Xoves 11 de xullo
• 19:30 Contacontos en inglés, “The King’s Servant”. Praza do Concello.
• 22:30 Actuación do Centro Cultural O Borralliño. Parque Aragonta.
Venres 12 de xullo
• 18:00 Día da Infancia, hinchables, xogos... Parque da Gándara
• 23:00 Actuación do grupo Voces do Arrieiro. Praza do Concello.
Sábado 13 de xullo
• XVI Rallye SURCO. Organiza Escudería Surco (Consultar programación)
• 21:30 XXVIII Festival de Bandas de Música de Salceda.
◦ Banda de Música Castrelo de Cambados
◦ Banda de Música Xuvenil de Barro
◦ Banda de Música Cultural de Salceda
Domingo 14 de xullo
• 21:00 Exhibición de Break Dance. Parque Raíña Aragonta.
Luns 15 de xullo
• 23:00 Actuación da Agrupación Cultural Xunco. Praza do Concello.
Martes 16 de xullo
• 22:30 Actuación do grupo OS DE AQUÍ. Praza do Concello.
Mércores 17 de xullo
• 20:00 Aula aberta de ioga con Vanessa Guisande. Parque da Gándara.
• 21:30 Actuación do Coliño Bailongo. Parque Raíña Aragonta.
• 22:30 Baile de Salón. Patricia Martínez e alumnas/os. Parque Raíña Aragonta.
Xoves 18 de xullo
• 22:00 XXIV Festival Folclórico. Parque Raíña Aragonta
◦ Grupo Folclórico Xunco
◦ Grupo Folclórico Castro Barreiro
◦ Grupo Folclórico O Serán
◦ Grupo Folclórico “O Freixo” de Entenza
◦ Grupo de Gaitas Airiños do Caselas
Venres 19 de xullo
• 18:00 Festa da Escuma. Praza do Concello
• 23:59 V Festival Vaia Cristo. (Coorganiza ACDE Treze Catorze). Antigo Matadoiro.

FESTAS DO CRISTO DAS ANGURIAS
Sábado 20 de xullo
• Dirt Track (Organiza Entroido A Feira). Campo das Curuxeiras.
• 20:00 Desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da Esfarrapada.
• 22:00 X Estourazo de inicio das Festas do Cristo dende o balcón da Casa da Cultura.
• 23:00 Verbena co Grupo La Nave
• 23:59 Actuación de Susana Seivane
Domingo 21 de Xullo
• 11:45 VIII Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os
• 12:45 Misa cantada pola Coral Polifónica de Santa María de Salceda
• 13:30 Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
• 21:00 Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
• 22:00 Verbena con Grafitti e La Dimensión
Luns 22 de xullo
• 21:30 Clase aberta de Zumba con Noelia Rodríguez
• 22:30 Verbena coa Orquestra La Estación e Grupo Nebraska

OUTRAS ACTIVIDADES
• Exposición Meninas en Flor (Concello de Ponteareas)
◦ Do 1 ao 15 de xullo no Auditorio Municipal e na Casa da Cultura Castelao
• Feira Medieval. (Organiza Acisa)
◦ Do 5 ao 7 de xullo. Praza do Concello.
• Carnaval de Verán. (Organiza Asociación Nós Somos Nós)
◦ 5 de xullo. Torreiro de Sta. María.
• V Torneo de Fútbol Sala “Vila de Salceda”
◦ Do 15 ao 19 de Xullo na zona deportiva de Altamira