Salceda estrena Área de Autocaravanas

O Concello de Salceda de Caselas ven de poñer en marcha a nova área de autocaravanas recentemente construída nas inmediacións da Senda Fluvial do Río Landres “Francisco Estévez Martínez”. O acto de posta en funcionamento estivo coordinado pola Asociación Galega de Autocaravanas, que estivo representada por diferentes membros da mesma, e coa asistencia do seu presidente Paco Pena. No acto estiveron tamén presentes o Alcalde Marcos Besada e varios concelleiros/as da corporación.

Palco do Cristo, restauración e concerto

O Concello do Porriño deu por rematados os traballos de recuperación dunha das súas máis emblemáticas construcións como é o Palco da Música do Parque do Cristo. Agora, tralas obras de restauración, luce como nos seus mellores tempos e a Banda de Música Municipal do Porriño, para celebralo, ofrecerá un concerto o vindeiro domingo, 29 de marzo, a partir das 13 horas.

Clausura da exposición "Arte con Cerveza"

O alcalde do Porriño, Nelson Santos e a concelleira de Igualdade, Teresa Veloso, acompañaron onte a Virginia Vilar na clausura da súa exposición no Centro Cultural Municipal. No acto de clausura, fíxose entrega á AECC do Porriño do diñeiro recadado no sorteo da obra que a artista tiña doado como contribución á loita contra o cancro de mama, un sorteo no que o azar fixo que resultase gañador o alcalde, Nelson Santos que, a súa vez, doou o cadro novamente á asociación para que o poxe no vindeiro rastriño solidario.

Literatura e música no Día da Muller en Mos

Onte 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebrouse o acto central da programación municipal conmemorativa desta data cun concerto de Marta Quintana e a entrega de premios do Concurso Escolar de Textos ‘A túa visión sobre a muller’. Iniciouse ás 18.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, e contou coa presencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira mosense de Benestar Social e Cultura, Sara Cebreiro.

O papel das mulleres na ciencia, protagonista en Porroemprego II

O Obradoiro de Emprego "Porremprego II", quixo sumarse á conmemoración do Día Internacional da Muller, organizando, en colaboración co Concello de Porriño, unha serie de actividades dirixidas a poñer en valor o papel da muller no ámbito científico e do coñecemento, que se desenvolveron esta mesma mañá no Multicentro de Torneiros.

Suscribirse a este canal RSS