Os tramos alfombristas de Ponteareas dispoñen de contedores específicos para depositar os restos vexetais

Ás portas da celebración do Corpus Christi de Ponteareas, o goberno fai o que cualifica de "novo exercizo de responsabilidade medioambiental" e coloca dezaoito contedores diante dos portais alfombristas para que únicamente se depositen restos vexetais derivados dos traballos que realizan as e os alfombristas. Deste xeito evítase que este lixo se mesture con restos orgánicos, plásticos ou outros materiais e facilita o seu posterior depósito na empresa ponteareán Ecocelta para a súa reciclaxe.

BNG e PSdG-PSOE acadan un pacto de goberno en Ponteareas

Xosé Represas e Chus Garrote asinaron hoxe o pacto de goberno acordado entre BNG e PSdG-PSOE para gobernar en coalición en Ponteareas durante o vindeiro mandato. BNG e PSdG-PSOE suman doce concelleiros e concelleiras nunha corporación onde a maioría absoluta se sitúa nos once edís.

A Real Orde de Cabaleiros de María Pita, no Corpus de Ponteareas

A Real Orde de Cabaleiros de María Pita trasladaranse a Ponteareas en próximo dia 23 de Xuño para portar o Santísimo Sacramento pola rúas de Ponteareas na procesión do Corpus Christi. A delegación será encabezada por José Enrique Duarte Novo, maestre da Orde. Desde a Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas quixeron "facer un acto de desagravio polo ocorrido en outubro do ano pasado coa alfombra floral realizada en Honra da Virxe do Rosario, Patroa da Coruña e a súa posterior destrución por parte dos servizos de limpeza do Concello".

O 20 de xuño comeza o X Open Vila do Corpus de Tenis

As pistas da Freixa de Ponteareas acollerán, entre o 20 de xuño e o 30 do mesmo mes, os partidos correspondentes ao X Open Vila do Corpus de Tenis que foi presentado na vila do Tea o pasado día 10. Os encontros disputaránse en base á división realizada en tres bloques diferenciados entre si: Vila do Corpus Promesas, Vila do Corpus Feminino e Vila do Corpus Masculino.

Suscribirse a este canal RSS