Mondariz

A Anpa do CIP de Mondariz, farta da baixa calidade da comida do comedor

Non é a primeira vez que a Anpa 'Río Tea' do CIP de Mondariz, chama a atención sobre a baixa calidade da comida "que a Xunta de Galicia envía ao comedor escolar". Por desgraza, como acontece a meirande parte das veces, a administración fai ouvidos xordos a unha demandas máis que xustas e máis que xustificadas. Así que hoxe, a Anpa deciciu organizar unha especie de "ata aquí chegamos" e decidiron non enviar aos alumnos e alumnas ao comedor.

AporM repite resultados e o BNG sube a costa do PP

Alternativa por Mondariz (AporM) que durante estes catro anos gobernou en solitario e en minoría, volve a repetir resultados situándose como forza máis votada mentres que o BNG, pasa de 2 a 3 representantes a costa do PP que baixa de 3 a 2. Dito doutro xeito, populares e nacionalistas intercambian posicións respecto á anterior Corporación. O PSdeG-PSOE mantén a representación que tiña cun concelleiro mentres que Ciudadanos aparece en escena a costa do xa desaparecido Mondariz Somos Todos (MsT). Os pactos serán difíciles pero, sen dúbida, chegarán.

O Pleno de Mondariz da luz verde á RPT

O Goberno local de Mondariz amosou a súa satisfacción pola aprobación da RPT (Relación de Postos de Traballo), un documento básico para o correcto desenvolvemento das funcións do persoal municipal xa que nel se especifican con claridade as obrigas e dereitos que teñen os traballadores e traballadoras en cada un dos postos do cadro de persoal do Concello. Ademais, a RTP é un documento que lles ofrece garantía aos traballadores, xa que o seu salario vai ser independente dos cambios de Goberno.

Mil sorrisos, mil pintalabios

A asociación de comerciantes de Mondariz 'Merca Mondariz' repartirá este domingo día 5 de Maio máis de 1.000 pintalabios polo Día da Nai. Este será o cuarto ano que a asociación agasalla as súas clientas para agradecerlle a súa fidelidade durante todo o ano, e que aposten polo comercio local da vila.

As visitas teatralizadas aos castelos de Soutomaior e Sobroso, un éxito indiscutible

Os castelos de Soutomaior e do Sobroso serán escenario de visitas teatralizadas que, no caso de Soutomaior desenvolveranse os días 5, 12 e 19 de maio e para a fortaleza do Sobroso, no Concello de Mondariz, serán os días 10, 11 e 12 de maio. Do éxito da iniciativa posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, que preside Carmela Silva, fala ben as claras o feito de que as 380 prazas dispoñibles para esta actividade, esgotáronse pouco máis de dúas horas despois de anunciarse a apertura do prazo de inscrición.

Suscribirse a este canal RSS