AECC e Concello de Mondariz poñen en marcha un programa de 'deshabituación tabáquica'

A Delegación Local da AECC en Mondariz, en colaboración co Concello, vén de anunciar a posta en marcha dun programa de abandono do tabaco, unha iniciativa que xurde debido á relación directa do tabaco con varios tipos de cancro entre os que se atopan algúns tan comúns coma o de pulmón ou o de próstata en homes.

Este programa, que conta cunha taxa de éxito do 60%, comezará o 7 de maio e terá lugar todos os martes de 10 h á 11:30 horas na Biblioteca Municipal Xoan Xosé Pérez Labaca.  As inscricións poden realizarse nos Servizos Sociais do Concello de Mondariz ou no teléfono 986 656 058.