Logo
Imprimir esta página

O 'MiniDH' enche Mondariz de ciclistas

O este poasado sábado Mondariz acolleu a primeira das oito probas que compoñen o calendario do MiniDH Galicia Series.  Un total de 113 nenos e nenas chegados de toda Galicia, participaron nesta proba na que os e as pequenas deportistas riveron que pasar obstáculos de madeira, escaleiras, dubbies, saltos, etc. Era unha proba que nada tiña que envexar aos grandes eventos do mundo do DH a non ser a idade dos e das participantes.

O eventos estaba adicado a a Borja Gomez Méndez, o neno con síndrome de down enrolado nas filas do Club Ciclista Ponteareas e que fondas raíces familiares no concello de Mondariz.

Clubs ciclistas de toda galicia desprazáronse este fermoso rincón do Condado aos que se engadían case que 15 nenos e nenas do municipio que tamén quixeron estar presentes na proba.

Sportskids, empresa encargada da realización deste MiniDH, amosaron a súa satisfacción "tanto polo número de participante coma polas opinións positivas de todas cantas persoas asistiron a este evento".

A organización agasallou a todos e todas as participante cun pequeno detalle amais de entregar trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, agasallos doados polas tendas de Bicocon de Vigo e Biziebike de Ponteareas, amais de lizenzas dun día agasallados pola tenda Tramolibre do Porriño.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados