ponteareas

Ponteareas organiza un obradoiro de robótica e programación

O luns, martes e mércores a mocidade de Ponteareas terá a oportunidade de participar nun obradoiro de robótica e programación ofrecido pola Concellería de Mocidade, que dirixe Verónica Carrrera. O obradoiro está dirixido a mozos e mozas de secundaria e bacherelato que se poden inscribir na web www.roboteach.es/ponteareas ou no número de teléfono 656 57 11 40

Totalmente de balde ofértanse quince prazas para este taller que se desenvolverá de 10 a 13 horas. Esta actividade forma parte do programa específico para os mozos e mozas de Ponteareas, 'Mocidade Viva'