ponteareas

O ponteareán Brais Pino proclámase nas Vegas campión do mundo de billar

O ponteareán Brais Pino vén de proclamarse campión do mundo amateur por equipos na cidade estadounidense das Vegas, logo de conseguir o primeiro posto xunto a Fran Doval, Raúl Esmorís, Manuel Montejo e Carlos Gómez. O concelleiro de Deportes en funcións, Benito Márquez, en nome de todo o goberno felicitou ao xogador do Club de Billar Sportivo, polo éxito acadado nesta competición na que participaron un total de 350 equipos.

O ponteareán, que representaba a España xunto aos seus compañeiros de equipo, Fran Doval e Raúl Esmorís de Lugo, Manuel Montejo e Carlos Gómez de Mallorca; tamén conseguíu o nomeamento All Stars polo seu bo rendemento nas dúas semanas de duración do campionato.

Neste mundial o xogador de Ponteareas acadou en individual bola 9 o noveno posto e en bola 8 o décimo terceiro posto.