ponteareas

A cuarta edición dos Xogos Florais de Ponteareas xa ten premiados

O xurado dos IV Xogos Florais de Ponteareas, composto por Susana Lamela, Marta Dacosta, Delio García, Manrique Fernández Vázquez, Hortensia Bautista e Sofía Rodríguez entregaron este sábado os premios dos Xogos Florais. En total, presentáronse 52 traballos distribuídos nas tres categorías: infantil, xuvenil e adulta.

Na categoría Infantil, os premios quedaron como segue: 
O medio natural presentado baixo o pseudónimo de AYDARA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Nahir Martínez Alfonso.
Palabras invisibles presentado baixo o psudónimo de ROSE. Unha vez aberto o sobre corresponde a Sabela Martínez Vietez.
Seguir sen ti presentado baixo o pseudónimo de VALENTINA. Unha vez aberto o sobre corresponde a lidia Martínez Pérez.

Categoría Xuvenil:
• “” presentado baixo o pseudónimo DAwN. Unha vez aberto o sobre correspondente a Lucía Souto Pousa.
Mediocridade presentado baixo o pseudónimo Quixota Xuvenil. Unha vez aberto o sobre correspondente a Jennifer Abal Da Silva.
Cantiga do século XXI presentado baixo o pseudónimo Vento do Norte. Unha vez aberto o sobre correspondente a Roberto Tato Lage.

Categoría Adulto:
Pendurados de tres guillotinas de madeira de oliveira presentado baixo o pseudónimo Naba. Unha vez aberto o sobre correspondente a Moncho Iglesias Miguez.
Dias de Pólvora presentado baixo o pseudónimo Violeta Castro Unha vez aberto o sobre correspondente a Fátima Domínguez Silva.
As mans dos nosos maiores presentado baixo o pseudónimo Largueiro. Unha vez aberto o sobre correspondente a Ángel Herrero Alonso.

A concelleira de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística en funcións, Hortensia Bautista, adiantou que que os traballos gañadores publicaranse nunha edición conxunta cos gañadores da III edición dos Xogos Florais.