ponteareas

Ponteareas

Adxudicadas as obras de reurbanización do primeiro tramo da rúa San Roque

O goberno de Ponteareas vén de dar conta da adxudicación, por 122.193,96 € (IVE incluído) das obras de reurbanización do primeiro tramo da rúa San Roque, conseguindo un aforro de 49.499,11 € respecto ao prezo de licitación. Un total de 21 empresas presentaron os seus proxectos elexindo a mesa de contratación a mellor oferta calidade/prezo. A empresa adxudicataria terá a partir do comezo da obra un prazo de dous meses e quince días para executala, estando previsto o comezo inmediato das mesmas.

Ponteareas abre o martes 25 o prazo para as escolas deportivas de verán

O concello de Ponteareas vén de dar conta que o vindeiro martes, 25 de xuño, abrirase o prazo de inscrición para que, interesados e interesadas, poidan participar nas escolas deportivas de verán. Para iso, ao longo do martes 25 de xuño colgaránse na páxina web do concello os formularios de inscrición e as familias interesadas teñen ata o 30 de xuño para formalizar dita inscrición no departamento de Deportes do Concello de Ponteareas.

Xosé Represas configura o goberno municipal coa asignación das diferentes áreas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, nomeou hoxe aos concelleiros e concelleiras delegadas das diferentes áreas do goberno local, reservándose para el a área de Facenda e a de Urbanismo, integrando nesta última as políticas relacionadas co saneamento, depuración e abastecemento de auga. O planeamento urbanístico, tal e como foi pactado no acordo de goberno entre BNG e PSdG-PSOE, será compartido polo Alcalde e a edil socialista Chus Garrote, mentres a xestión urbanística cotián queda delegada na área de Bo Goberno.

Os tramos alfombristas de Ponteareas dispoñen de contedores específicos para depositar os restos vexetais

Ás portas da celebración do Corpus Christi de Ponteareas, o goberno fai o que cualifica de "novo exercizo de responsabilidade medioambiental" e coloca dezaoito contedores diante dos portais alfombristas para que únicamente se depositen restos vexetais derivados dos traballos que realizan as e os alfombristas. Deste xeito evítase que este lixo se mesture con restos orgánicos, plásticos ou outros materiais e facilita o seu posterior depósito na empresa ponteareán Ecocelta para a súa reciclaxe.

Suscribirse a este canal RSS