ponteareas

Ponteareas

ACiP asegura que o gasto do Goberno sube máis dun 60% respecto a 2015

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Juan Carlos González Carrera mantivo hoxe que as subas de gasto nos salarios do goberno local "supoñen máis dun 60 % respecto ao ano 2015" e lamenta que o executivo local utilice as "descualificacións aos grupos da oposición para ocultar este feito. O portavoz independente subliña que cando aínda non se cumpriu un mes dende a toma de posesión "comécese a gobernar sen consenso e transparencia". 

Positivo balance do C.N. Ponteareas nos Campionatos Galegos de Natación

Pontevedra acolleu as probas dos Campionatos Galegos de Natación, unha importante cita deportiva que abarcaba dende a categoría infantil (nadas no 2004 e 205 para as rapazas e no 2003 e 2004 para os rapaces) ata a categoría absoluta. O campionato, en formato de catro xornadas, disputouse na piscina de 50 m da capital da provincia.

Represas defende as adicacións do goberno “inferiores ás do ano 2007 no goberno PP-UCPA”

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, defendeu no pleno de hoxe a súa proposta de dedicacións dos membros do goberno “porque para atender un concello da entidade de Ponteareas é preciso que unha parte dos membros do goberno deixen os seus traballos”. De doce concelleiros do goberno, sete terán dedicacións, catro exclusivas e tres parciais, mentres outros cinco non disporán de dedicación.

Ponteareas consolida o seu Festival Internacional de Teatro de Rúa

O Concello de Ponteareas camiña cara a consolidación da oferta cultural de teatro coa segunda edición do 'Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas', que se celebrará do 3 ao 6 de xullo, con espectáculos teatrais itinerantes e funcións en escenario das máis variadas disciplinas coma circo, maxia ou monicreques e con compañías chegadas de Cuba, Portugal Madrid ou Galicia.

Suscribirse a este canal RSS