Salvaterra de Miño

Lazoiro publica unha curta sobre a Memoria Histórica de Salvaterra

Producida por Diaño Filmes para a Lazoiro, a curtametraxe ten como obxectivo recoller a exposición A Nosa Memoria, adicada á memoria histórica da vila e que tivo lugar o ano 2016 nas Covas de Dona Urraca cun gran número de asistentes e ademais poñer en valor tres biografías aínda descoñecidas para a gran maioría dos veciños e veciñas, que tiveron unha especial importancia en Salvaterra e na política galega. Estas son Manuel Mariño Méndez, José Domínguez González e Manuel Puente González.

Salvaterra de Miño terá alcaldesa

O único cambio que estas eleccións traerán a Salvaterra de Miño, é o da persoa que ocupe a alcaldía. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra de Miño dende 1979 –que se di pronto– deixa a testemuña a que, ata agora, era a súa tenente de alcalde, Marta Valcárcel. Salvo ese cambio, PP con 7 concelleiros e maioría absoluta, PSOE con 4 e BNG con dous, repiten idénticos resultados que nos comicios do 2015. 

Dous novos podios para o CPA Condado no Trofeo Internacional de Vigo

O CPA Condado, de Salvaterra de Miño, participaba o pasado 14 de abrio no IV Trofeo Internacional Concello de Vigo que tiña lugar no Pavillón das Travesas. O equipo de Salvaterra non defraudou á súa afección e voltaba para as terras do Condado con dous novos podios acadados nunha final moi disputada. 

Salvaterra contará cunha senda peonil entre o centro urbano e As Zacoteiras

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, asinaron hoxe un convenio por importe de máis de 680.000 euros para a execución dunha senda peonil desde o centro urbano da vila e o núcleo de poboación das Zacoteiras, nas estradas PO-400 e PO-402, e a rehabilitación do firme da estrada PO-400, no tramo que coincide coa rúa Rosalía de Castro. O obxectivo é a mellora das condicións de accesibilidade e mobilidade da veciñanza e o reforzo da seguridade viaria.

Suscribirse a este canal RSS