Redondela doa os produtos da horta ecolóxica a Cáritas

O alcalde de Redondela, Javier Bas, e a Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, visitaron esta mañá ao alumnado do Obradoiro de Agricultura Ecolóxica, visita que respondía a unha causa solidaria xa que, os integrantes do Obradoiro, colleitaron 140 escarolas rizadas, 73 escarolas lisas e 8 leitugas vermellas que lle serán entregadas a Cáritas Redondela.

Esta é unha acción solidaria que se vén desenvolvendo grazas á coordinación entre as Concellerías de Emprego e Benestar, posto que todos os produtos que saen do Obradoiro de Agricultura Ecolóxica van destinados a Asociación de Cáritas, que reparte os xoves na súa sede ás familias desfavorecidas da vila. Ademais, cabe destacar que todos os produtos están cultivados sen a utilización de ningún químico nin fertilizante.