Digna Rivas participa na tradicional pegada de carteis de inicio de campaña

Digna Rivas, candidata á alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE  e a número 3 da lista, María Castro Abad, na pegada de carteis que marca o inicio da campaña das Municipais 2019 Digna Rivas, candidata á alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE e a número 3 da lista, María Castro Abad, na pegada de carteis que marca o inicio da campaña das Municipais 2019

A candidata á alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, protagonizou esta noite a tradicional pegada de carteis coa que se abre, oficialmente, a campaña electoral das Municipais 2019. Acompañada polos homes e mulleres que conforman a súa candidatura, Rivas asegurou que, nesta noite “damos o primeiro paso para construír unha Redondela que afronte, con valentía e decisión, os retos de futuro que a convertan nun referente social, cultural e económico da provincia”.

Este venres 10 de maio, ás 20 horas, na praza Reveriano Soutullo (Lenda) de Redondela, terá lugar o acto de apertura de campaña, será o primeiro dun intenso programa que a candidata socialista desenvolverá ata o venres 24 de maio.

O sábado 11, ás 20:30 horas, no Centro Cultural de Cidadelle, terá lugar un acto enmarcado dentro da iniciativa denominada ‘Encontros con Digna Rivas’, cun formato que permitirá que, ademais de achegar a veciñas e veciños actuacións concretas para as súas parroquias, a veciñanza poida facer as preguntas que considere oportunas e aportar as súas propias ideas e achegas.

O domingo 12 de maio, ás 11:30 horas, Digna Rivas estará na carpa que o PSdeG-PSOE terá instalada na Praza da Constitución de Redondela e xa pola tarde, cara ás 19 horas, os ‘Encontros con Digna Rivas’ continuarán no Centro Cultural de Cabeiro.