Digna Rivas aposta por un goberno de progreso “que priorice os intereses da veciñanza”

Digna Rivas, candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Redondela, amosou a súa intención de loitar por cumprir o expresado pola cidadanía na xornada electoral do domingo “que non é outra cousa que un goberno progresista”. Rivas amosouse aberta ao diálogo nunha etapa, na que dixo, “hai que actuar con moita cautela e prudencia para propiciar un cambio en Redondela e acadar un Goberno que antepoña ás necesidades dos veciños e veciñas a calquera outra consideración”.

Nese sentido, a candidata socialista considerou “prioritario” dar resposta ás necesidades que a cidadanía lle transmitiu durante a campaña electoral. O veciño e veciña quere un goberno municipal “próximo, que lle saiba solucionar os seus problemas porque para min, como xa o dixen en máis dunha ocasión, se un veciño ou veciña ten un problema, o Concello ten un problema”.

En canto ao análise dos resultados da xornada electoral de onte, Digna Rivas mostrou a súa satisfacción por uns resultados “que supoñen un incremento a de máis de 1.000 votos sobre os resultados de hai catro anos e que nos deixaron a tan só 40 votos do oitavo representante”.

En todo caso, a candidata do PSdeG-PSOE recalcou na necesidade de “dialogar e conseguir un acordo que propicie o cambio que demanda a cidadanía”.