Redondela tínguese de loito

Redondela vive hoxe unha desas xornadas que quedarán na memoria colectiva e que tingen de loito a todo un pobo. No serán de onte, dúas mozas e un mozo falecían en un brutal accidente na AP9 e outros dous, o condutor entre eles, resultaban feridos, logo que o vehículo no que viaxaban, por circunstancias que están sendo investigadas, salíase da vía impactando contra a mediana e envorcando.

O accidente tivo lugar a altura de Teis, xa no termo municipal de Vigo, ao redor das 21:30 horas momento en que particulares daban conta ao 112 do accidente. Foi precisa a intervención dos Bombeiros de Vigo para liberar do interior do turismo as dúas vítimas mortais, a terceira saliu despedida do turismo sinistrado quedando tendida na calzada. 

O 112, ademais de alertar ao 061-Urxencias Sanitarias e aos bombeiros e Garda Civil, solicitou a intervención do persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar apoio ás familias das vítimas.

O Concello de Redondela decretou dous días de loito oficial, suspendendo todos os actos oficiais.