Malestar no cadro de persoal da Policía Local de Redondela

A Policía Local de Redondela vén de amosar o seu malestar pola situación creada ao designar o equipo de Goberno en funcións, "sen ningú tipo de sistema de concurso de méritos ou oposición", a dous axentes como "Oficiais de Policía en comisión de servizos, una delas rematada o pasado 31 de maio, logo de dous ano nesa situación, sendo pese a todo mantida na actualidade polo equipo de Goberno. O segundo nomeamento, produciuse fai escasos días por sorpresa do plantel a proposta deste mesmo Goberno en funcións", sinalan nun comunicado de prensa.

Polo mesmo sistema, –explica o cadro de persoal da policía local redondelá– "atópase en comisión de servizos un Oficial como Inspector e tamén nomeado Xefe da Policía Local, a cal finalizou tamén o pasado 31 de maio, manténdose a día de hoxe e non convocando as prazas por oposición ou outras formas que sinala a lei de coordinación de Policías Locais de Galicia".

A maiores, explican, un axente "é retirado de prestar servizos na rúa sendo asignado de xeito directo polo Goberno, segundo informa Xefatura, sen ofertarse para o resto de axentes, xa que enténdese que a oficina podería ser un servizo para cubrir por axentes próximos a súa xubilación sen mermar o servizo na rúa".

Todo isto, sumado a falta de persoal, onde se cubren turnos de 24 horas con unha soa patrulla en moitas ocasións, entre permisos, baixas e vacacións, e que non será efectiva a incorporación de novos axentes ata finais de 2020, "xera un malestar no cadro de persoal da Policía Local, ao entender que dende o equipo de Goberno, se prefire optar por “cubrir” ocos de xeito directo a melloras os servizos na rúa, os cales cada día se complican máis".