Tag: dbarrio
O Concello de Nigrán subvencionará os envíos a domicilio dos veciños que fagan pedidos de comida en negocios do municipio
O Concello de Nigrán subvencionará os envíos a domicilio dos veciños que fagan pedidos de comida en negocios de Nigrán, tal e como xa o fai a través da plataforma de comercio electrónico DBarrio, o que supón a gratuidade do mesmo.
Dbarrio chega a Salvaterra de Miño
O Concello de Salvaterra de Miño presentou, da man das Asociación de Comerciantes Unes e Aces, a plataforma subvencionada de apoio ao comercio local dbarrio.com.
A intención das asociacións e do Concello é modernizar o sector e potenciar as ventas online a domicilio de comercios e restaurantes locais.
Máis de 30 establecementos de Salvaterra adheriranse á plataforma de venda online DBarrio
Na tarde de onte a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, mantivo unha reunión cos presidentes das Asociacións de Comerciantes do municipio e o representante da plataforma de venta online a domicilio DBARRIO, co fin de definir os pasos e as fases para por en marcha esta plataforma, unha vez feita a primeira ronda de contacto co comercio local.
Nigrán subvencionará a entrada de 70 negocios locais na plataforma de comercio electrónico ‘DBarrio’
O Concello de Nigrán ampliará de 50 a 70 a cantidade de negocios locais aos que custeará a licencia para poder formar parte da plataforma de comercio electrónico 'Dbarrio' co obxectivo de que se adhiran a esta app que ofrece envío a domicilio e, con elo, fortalecer ao pequeno comercio. Deste xeito, o Concello de Nigrán inviste finalmente 4.000 € nas licencias dando cabida a todos os establecementos que se anotaron, ademáis, tamén subvencionará a 2 transportistas para que ao consumidor final de Nigrán non se lle engadan gastos de envío ás compras realizadas no Val Miñor.