Tag: modelo urbano
Ponteareas presenta en Bruxelas o seu modelo urbano
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, participou en Bruxelas como conferenciante nun foro de política urbana no que explicou ante participantes de nove países da Unión Europea o modelo de desenvolvemento urbano da vila, centrado especialmente na recuperación de espazos públicos para as persoas, así como o modelo de rede de calor municipal.
Rúa Concepción Arenal, A Guarda gaña espazos para a cidadanía e marca un cambio de modelo urbano
O Concello da Guarda estrea estes días a súa nova rúa Concepción Arenal tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Diputación de Pontevedra. Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida convertiuse nun espazo onde as guardesas e guardeses poden pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona.