15.6 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Setembro de 2024
Máis

    Tag: sons da canteira

    O Porriño presenta a segunda edición do festival ‘Sons da Canteira’

    A alcaldesa do Porriño, Eva García e a concelleira de Cultura, Cami Moreira presentaron hoxe a segunda edición do Festical 'Sons da Canteira' que terá lugar o sábado 28 de agosto. A canteira en restauración de Vilafría, en Atios volverá ser o anfiteatro natural onde se celebrará este evento promovido polo Concello do Porriño.

    O Porriño traballa nos protocolos de seguridade para a segunda edición de ‘Sons da Canteira’

    A concelleira de Festas do Concello do Porriño, Cami Moreira, presidiu na mañá de hoxe lunes, 9 de agosto, unha reunión de traballo de cara a establecer os protocolos de seguridade para o II Festival 'Sons da Canteira', evento organizado polo Concello do Porriño, que volverá o próximo 28 de agosto á canteira de Vilafría, en proceso de restauración.

    Vendidas todas as localidades para asistir ao Festival “Sons da Canteira”

    A empresa promotora do I Festival “Sons da Canteira” que patrocina e organiza o Concello do Porriño, informa que xa están esgotadas todas as localidades. En total, 500 cadeiras pois é un aforo restrinxido polos protocolos anti-Covid-19. O prezo da localidade inclue o traslado. Os autobuses sairán dende a Avenida de Galicia.

    A antiga canteira de Vilafría, no Porriño, escenario do festival ‘Sons da canteira’

    O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, deu a coñecer que o sábado, 29 de agosto, terá lugar o festival de música 'Sons da Canteira' que terá como escenario o espazo en restauración que ocupou a canteira de Vilafría.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.