Tag: turismo rías baixas
A Deputación entrega os dez distintivos de ‘Q de calidade’ que fan da rede de información turística Rías Baixas como referencia de Galicia
Os 10 diplomas coa 'Q de Calidade', que premian o traballo de información turística que se desenvolve dende as oficinas da rede provincial Rías Baixas en Cangas, Poio, Caldas de Reis, A Illa de Arousa, Baiona, Nigrán e A Estrada, xunto coas oficinas propias do Palacete das Mendoza (Pontevedra), aeroporto de Vigo e A Armenteira (Meis) xa están en mans dos seus titulares.
Turismo Rías Baixas reforza o seu liderado en distintivos ‘Q’ con 10 oficinas e puntos de información certificados
Turismo Rías Baixas segue a reforzar o seu liderado en distintivos 'Q' de calidade turística ao sumar xa un total de dez oficinas e puntos de información que contan coa certificación Q, conforme á norma UNE-ISO 14785 que concede o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Deste xeito, os tres servizos de atención e información que xestiona Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra que xa contaban con este distintivo lograron renovalo este 2020, ao igual que as catro oficinas adheridas á Rede Info RíasBaixas, ás que se suman agora outros tres establecementos desta rede.