DepoAventura A Lanzada arranca hoxe con 11 quendas repletas de actividades

A Deputación de Pontevedra pon en marcha dende este domingo o programa DepoAventura A Lanzada 2019, con 11 quendas cheas de actividades dirixidas a 2.200 mozas e mozos de entre 8 e 13 anos da provincia de Pontevedra. A quenda coa que arranca o programa estenderase entre o 23 e o 29 de xuño e contará con 200 participantes que darán o pistoletazo de saída ás actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas dos campamentos da Lanzada.

A Deputación sortea as prazas para o programa 'Depo Aventura' A Lanzada

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, presidiu o sorteo das prazas para o programa “Depo Aventura” A Lanzada, que se desenvolverá entre xuño e setembro, nas instalacións que a Deputación de Pontevedra ten na Praia da Lanzada (O Grove). A gran novidade da edición deste ano, amais das 300 prazas gratuítas que se puxeron a disposición de menores en situación ou risco de exclusión social xa o ano pasado, é que moitas das actividades dos campamentos realizaranse integramente en inglés, impulsando a inmersión lingüística das nenas e nenos nesta lingua estranxeira.

Analíticas datan os restos dos nenos da Lanzada nos séculos I e II d.C.

A Deputación de Pontevedra vén de obter os resultados das probas do carbono 14 realizadas a varios dos restos atopados na escavación arqueolóxica do Campo da Lanzada, en Sanxenxo, no laboratorio 'Beta Analytics' de Miami. Estas probas sitúan a dous dos nenos atopados entre os séculos I d.C. (o máis próximo ao de “Cornelia”) e a outro dos pequenos no século II d.C.

Os arqueólogos achan o esqueleto dun bebé un día despois do achado de ‘Cornelia’

Un día despois da visita da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, ó Campo da Lanzada para ver in situ o levantamento do esqueleto de 'Cornelia' xurde un novo achado no xacemento. Neste caso, o equipo de arqueoloxía da institución provincial e a doutora e antropóloga física, Olalla López Costas da Universidade de Santiago de Compostela ─que aínda se atopaba no Campo da Lanzada─, atoparon esta mañá o corpo dun bebé a aproximadamente 5-6 metros do de 'Cornelia'.

Suscribirse a este canal RSS