18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareas'Algazara, danzando entre Culturas' o domingo no Parque da Feira Vella de...

    ‘Algazara, danzando entre Culturas’ o domingo no Parque da Feira Vella de Ponteareas

    O vindeiro domingo, 21 de xullo ás 22 horas, o Parque da Feira Vella –con entrada totalmente de balde– encherase de sons, inusuarias por estas terras, dos grupos que participarán nunha nova edición do Festival Internacional ‘Algazara, danzando entre Culturas’ e no que participarán, amais da anfitriona Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros , o Trinity Irish Dance Ensemble dos EEUU; Netos de Bandimde Guinea Bissau e Folklorique Group Les Balisiers de la Martinique da Martinica. 

    Comezou sendo unha cita á que acudían grupos e formacións doutras comunidades autónomas do Estado e que permitía aos veciños e veciñas gozar do máis que variado folklore e tradición existente neste país. Logo, con moito traballo, esforzo e sacrificio, decidiron que as fronteiras máis inmediatas quedábanselle curtas e ampliaron horizontes, pasando a transformarse nun festival internacional de referencia.

    Hoxe, anos despois, o Festival Internacional ‘Algazara, danzando entre Culturas’ non só é unha das citas tradicionais do verán ponteareán, senón que é o un dos festivais folklóricos internacionais de referencia no sur de Galicia e un excelente escaparate onde amosar o que, en materia de música e danza tradicional, se fai noutros países. Deste xeito, veciñanza e visitantes –moitos e variados nas datas nas que andamos– non só poden acceder ás músicas e cultura dos países participantes, senón que –tanto ou máis importante– ver o excelente nivel da Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros.

    É desas citas que oa afeccionados a música e ao baile, non se poden perder.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.