Antonio Lomba pecha a campaña no auditorio de San Benito

O alcalde e candidato socialista a alcaldía da Guarda púxolle fin a campaña electoral nun acto aberto a toda a veciñanza no que fixo balance dos últimos catro anos de goberno. “Traballamos arreo e foron moitos os obxectivos conseguidos”, asegurou en referencia a grandes obras como a humanización da rúa Concepción Arenal, mais tamén a proxectos de futuro, como a adquisición da finca de Fínola ou a inclusión do Camiño Portugués da Costa na Lei de Patrimonio de Galicia.

Esta fin de semana arranca na Guarda unha nova edición de 'Tapearte'

Este xoves presentouse na Casa dos Alonsos da Guarda, a Ruta gastronómica Tapearte 2019, o evento culinario da primavera como complemento a unha ampla e variada programación cultural como a Festa das Letras e o Día Internacional dos Museos. Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario de 12:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h a un prezo simbólico de 2 € a tapa.

A Guarda entrega os diplomas do curso de formación de camareiros/as

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda organizou un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que tivo lugar entre os meses de febreiro e abril. O obxectivo principal foi o de formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.

A Guarda reclama a construción da nova Escola Infantil Municipal

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, xunto coa concelleira de asuntos sociais, Tere Vicente, asistiron o xoves día 2 de maio á Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar na que, entre outras cuestións, tratouse a aprobación dos orzamentos do Consorcio para 2019. Neste punto, despois da intervención da mesa, abriuse a quenda de palabra na que o alcalde da Guarda aproveitou para recordarlle a Asemblea, a situación da Guarda respecto das escolas infantís.

Antonio Lomba defende unha actuación definitiva na Lamiña ante a Comisión Internacional do Miño

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asistíu o pasado martes día 16 de abril á CPIRM (Comisión Permanente Internacional do Río Miño), que se reuniu en sesión ordinaria na Câmara Municipal de Caminha. O rexedor guardés puxo en coñecemento deste organismo internacional o grave problema de erosión que afecta á praia de Lamiña. A CPIRM decidiu trasladar á cuestión á próxima Comisión de Límites xa que "a perda de territorio pode afectar a unha modificación da fronteira no caso de non actuar".

Praxíteles González exhibe as súas maquetas e figuras no Centro Cultural da Guarda

Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 tivo lugar no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, participaron nesta inauguración na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal.

Antonio Lomba opta á reelección cun proxecto xurdido "das inquedanzas e voces da veciñanza"

O Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolleu na noite deste venres a presentación da candidatura do PSdG-PSOE da Guarda, encabezada por Antonio Lomba, actual alcalde e candidato á reelección. Lomba comezou a súa intervención agradecendo o apoio amosado polo pobo da Guarda, un apoio que lle permitiu a oportunidade de gañar as pasadas eleccións e demostrar o seu compromiso “coas miñas raíces guardesas, coas nosas tradicións, coa nosa cultura e, por suposto, a miña grande atracción polo noso mar”.

Suscribirse a este canal RSS