César Mosquera anuncia plans específicos para os concellos que aposten pola implantación da compostaxe

O vicepresidente da Deputación presentou a segunda fase do Plan Compost Revitaliza, que contempla a elaboración de plans específicos para os concellos que aposten por implantar a compostaxe con decisión e rigor. Segundo o estudo realizado pola Deputación, o cambio de sistema de tratamento de residuos supón un abaratamento de máis do 50% dos custes que neste momento están asumindo os concellos.

Novas pintadas e ameazas en relación ao "conflito do parque de maquinaria"

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, o nacionalista César Mosquera afirmou con rotundidade na mañá que hoxe que "nós queremos instar expresamente ao PP a que dea orde de parar esta tolería". Mosquera fixo a petición no transcurso da comparecencia na que deu conta das novas e graves ameazas aparecidas esta mañá en relación ao chamado 'conflito’ do parque de maquinaria.

Suscribirse a este canal RSS