A Deputación anuncia axudas para os plans de mobilidade sustentable dos concellos

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación de Pontevedra subvencionará a redacción de Plans de Mobilidade Sustentable (PMS) a todos os concellos da provincia de cara a que conten con ferramentas que permitan actuar a curto, medio e longo prazo nas súas vías de comunicación e espazos públicos para aumentar a súa calidade e fomentar a prioridade das persoas sobre os vehículos.

A Deputación achega 9.600 euros ás Neves para recuperar 421 hectáreas de monte

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha subvención de 9.600 euros ao Concello de As Neves para redactar o proxecto de creación do parque forestal de San Fins e recuperar 421 hectáreas de monte no municipio. Esta axuda chega ao abeiro do plan provincial de creación de parques forestais, cuxas solicitudes foron resoltas na última Xunta de Goberno despois de aprobar as bases en marzo deste ano.

  • Publicado en As Neves

Dezaoito millóns de euros da Deputación para proxectos singulares en concellos de menos de 20.000 habitantes

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao vicepresidente, César Mosquera, presentaron este pasado luns, as novas bases de subvención, por valor de 18 millóns de euros, para investimentos en equipamentos e dotacións singulares na mellora do equilibrio territorial dos servizos nos concellos de menos de 20.000 habitantes. A nova convocatoria de subvencións, con bases obxectivas, equitativas, transparentes, claras e en concorrencia competitiva, financiará un proxecto por cada concello e podería achegar ata 80% do orzamento, cun máximo de 1,5 millóns de euros.

Mondariz será pioneiro na aplicación da compostaxe como sistema de xestión do lixo

O Concello de Mondariz será un dos primeiros de Galiza en aplicar a compostaxe como sistema de xestión do lixo. O vicepresidente Mosquera confirmou hoxe que a Deputación vén de concederlle unha subvención ao abeiro do «Plan Revitaliza» que permitirá ao goberno local contar cun Plan de Residuos específico para o municipio e unha axuda económica de 306.030,10 euros, o que supón o 89,56% do orzamento solicitado para adquirir composteiros individuais, colectivos e materiais complementarios.

Tonucci: "Todas as cidades poden aplicar unha filosofía de Goberno que inclúa ás persoas"

O pedagogo italiano Francesco Tonucci foi recibido hoxe por parte do Goberno provincial como inicio dunha intensa semana de actividades en diferentes concellos da provincia que culminará este venres coa inauguración da exposición ‘Imaxinar a educación. 50 anos con Frato’. O investigador encomiou o traballo realizado dende a Deputación para tratar de estender o ‘modelo Pontevedra’ ao resto dos municipios da provincia e así deseñar cidades e vilas adaptadas aos nenos e nenas, ás persoas en xeral, en lugar de aos coches.

O vicepresidente da Deputación participou nun foro de mobilidade sustentabel

O vicepresidente da Deputación , César Mosquera, participou no foro mobilidade sustentábel no Concello de A Coruña onde falou sobre ‘A peonalización no modelo de cidade’ e subliñou que “o espazo público, as rúas, son un dereito e un mecanismo de cohesión social da mesma orde que a sanidade, a educación ou a cobertura social e considerou que deixalos á libre cocorrenza "é tan grave como deixar que teñan acceso á sanidade só os que a poidan pagar”.

A Deputación pide a colaboración dos concellos para poñer en valor os montes

A Deputación de Pontevedra vén de achegar aos concellos da provincia o primeiro borrador das bases das liñas de axudas para poñer en valor os montes da provincia coa fin de que realicen as súas aportacións. O vicepresidente César Mosquera instou ás alcaldesas e alcaldes a que participen na redacción do texto final e propoñan melloras e contribucións antes do 28 de febreiro.

Suscribirse a este canal RSS