DepoAventura A Lanzada arranca hoxe con 11 quendas repletas de actividades

A Deputación de Pontevedra pon en marcha dende este domingo o programa DepoAventura A Lanzada 2019, con 11 quendas cheas de actividades dirixidas a 2.200 mozas e mozos de entre 8 e 13 anos da provincia de Pontevedra. A quenda coa que arranca o programa estenderase entre o 23 e o 29 de xuño e contará con 200 participantes que darán o pistoletazo de saída ás actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas dos campamentos da Lanzada.

Nigrán abre o prazo do campamento de conciliación de Semana Santa

Dende o luns está aberto en Nigrán o prazo de inscrición para o campamento de Semana Santa que se desenvolverá entre los días 15 y 19 de abril no pavillón de Panxón cun horario de 9:30 a 14:30 horas. A actividade está destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos, só para empadroados e terán prioridade as familias con dificultades para a conciliación laboral e familiar (familias monoparentais onde o pai ou nai traballen, familias numerosas, familias onde traballen os dous pais....)

  • Publicado en Nigrán

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa

Oia acollerá un campamento infantil os próximos días 15,16,17 e 22 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa. A actividade está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar coa colaboración do Concello de Oia.

  • Publicado en Oia

Mos clausura o campamento estival infantil «Mañás de Verán»

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación, Camilo Augusto, acompañaron no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos aos nenos e nenas que participaron nas catro quendas do campamento infantil estival Mañás de Verán, durante a festa de clausura que se organizou para os e as participantes.

  • Publicado en Mos

Mañá comeza a última quenda dos campamentos polideportivos «Príncipe Felipe»

Dende este luns, 20 de agosto, e ata o sábado, 25 de agosto, un total de 50 rapazas e rapaces van participar na sexta e última quenda dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe 2018, que se desenvolven ao longo dos meses de xullo e agosto. En total, e durante seis quendas, 300 nenas e nenos de toda a provincia de entre 7 e 14 anos gozaron desta iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra.

Suscribirse a este canal RSS