Carmela Silva clausura o obradoiro de escultura en pedra no centro penitenciario da Lama

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo hoxe en valor o traballo en pedra na clausura do curso que a Escola de Cantería desenvolveu durante os últimos meses no Centro Penitenciario de A Lama. A través deste obradoiro, que levou por título Elaboración de obras en pedra natural, dúas internas e nove internos formáronse nas técnicas para realizar pezas de artesanía en pedra, baixo a tutela do mestre canteiro Manuel Varela.

Arranca o novo curso da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra

Este luns 1 de outubro deu comezo nas instalacións de Poio o novo curso da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. Ao acto de apertura asistiu a deputada de Emprego, Montse Magallanes, que deu a benvida ao preto de 30 alumnos e alumnas que cursarán os estudos ofertados pola Escola, que aconsellou ao alumnado que “aproveite este curso porque poderedes traballar nas mellores instalacións de toda España e cun profesorado e equipo directivo moi implicado na vosa formación”.

A deputada provincial Montserrat Magallanes inaugura a mostra «Nado en pedra» na Guarda

A deputada provincial de Emprego e concelleira no Concello da Guarda, Montserrat Magallanes, acompañada polo alcalde, Antonio Lombra, inauguraron o pasado sábado no Castelo de Santa Cruz a exposición escultórica «Nado en pedra», elaborada por alumnos da Escola de Cantería. Ao acto de inauguración tamén a directora da Escola de Cantería, Concepción López Paz; o director técnico e mestre escultor da mesma, Enrique Velasco e outros membros da Corporación municipal.

A mostra «Nado en Pedra» da Escola Provincial de Cantería, chega á Guarda

A partir de mañá, 23 de marzo, o Castelo de Santa Cruz acollerá nos seus xardíns a exposición de escultura «Nado en pedra», realizada polo alumnado da Escola de Cantería de Pontevedra. A inauguración oficial da colección celebrarase este sábado, 24 de marzo, contando coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba.

Os escolares pontevedreses coñecerán de preto a Escola de Cantería da Deputación

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra pon en marcha, neste mes de febreiro, un programa de visitas guiadas ás súas instalacións que se prolongará ata o vindeiro mes de xuño. Estas visitas, destinadas ao alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros educativos da provincia, terán lugar de luns a xoves, de 9:30 h a 11:30 h, ou de luns a mércores, de 16:00 h a 17:30 horas.

Comezan os traballos prácticos do taller de cantería do Obradoiro ‘Redondela Ecosostible II’

O Obradoiro de Emprego de Cantería, incluído dentro do proxecto global ‘Redondela Ecosostible II’, comezou xa a desenvolver os seus traballos prácticos en Pousadouro de cara a realizar os proxectos incluídos no mesmo e que permitirán dotar a Redondela de diversos elementos de mobiliario urbano, amais de outros elementos ornamentais para o municipio.

A Escola de Cantería da Deputación amplía o seu prazo de matrícula

A Escola de Cantería, dependente da Deputación de Pontevedra, amplía o prazo de matrícula para o curso 2016-2017, que vai comezar as clases a primeiros de outubro. As persoas interesadas en realizar estes estudos poderán matricularse aínda ata o vindeiro martes 4 de outubro. O importe da matrícula é de 114,50 euros. No curso pasado, preto de 50 alumnos e alumnos estudaron neste centro, que funciona dende 1979.

Suscribirse a este canal RSS