Ponteareas abre a inscrición para o 'Campus Tea 2019'

A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández vén de dar conta da apertura do prazo de preinscrición do Campus Tea 2019. Este campus, que manterá aberta dita preinscrición ata o xoves 6 de xuño, é unha alternativa que ofrece actividades lúdico didácticas para facilitar a conciliación familiar na tempada de verán. O campus destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos terá un horario de mañá de 09:00 horas a 14:00 horas no CEIP Nosa Sra. Dos Remedios.

A Xunta 'riza o rizo' no problema da Escola de San Mateo

"Pouco serio e incomprensíbel" foron os cualificativos utilizados pola concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, para definir a postura da Xunta de Galicia que, unha vez máis "cambia os seus criterios para xustificar o peche da Unitaria de San Mateo de Oliveira" un peche ao que o concello ponteareán "opónse frontalmente". O pasado ano, a Xunta pechou o centro porque non se chegaba ao mínimo de 6 matrículas. Para o curso que ven, con 8 matrículas xa confirmadas, a administración cambia o seu criterio e mantén a decisión de peche.

O BNG esixirá no Parlamento que se manteña aberta a escola de San Mateo

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, mantivo un encontro coa comunidade escolar de San Mateo de Oliveira para trasladarlles a proposta que os nacionalistas defenderon hoxe xoves no Parlamento para manter aberta a aula no vindeiro curso 2019/2020 e que sexan aceptadas as solicitudes de escolarización das familias.

Ponteareas solicita a especialidade de francés para a Escola de Idiomas

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, vén de trasladar á Dirección Xeral de Centros, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a necesidade de incorporar a especialidade do idioma francés na oferta de estudos da delegación da Escola Oficial de Idiomas (EOI) en Ponteareas. A extensión da EOI de Vigo en Ponteareas ubícase no IES do Val do Tea impartindo a especialidade de inglés.

O alumnado de Ponteareas reforestará o monte con 500 árbores

Con motivo do día da árbore a Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, e a Concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, traballarán con todos os centros educativos de Ponteareas para render homenaxe á natureza e ás nosas árbores autóctonas. Por cuarto ano consecutivo o alumnado ponteareán reforestará os montes comunais en man común con carballos, castiñeiros, cerdeiras, bidueiros, nogueiras e pradeiros.

«Aprender máis alá dos exames» coa doutora Thais Pousada

A concelleira Ensino e Participación Cidadá, Cristina Fernández, convida a toda a mocidade a tomar un café coa doutora en ciencias da saúde, a ponteareá Thais Pousada, e falar de como aprender máis alá dos exames. A cita será no Teatrovar ás 12 horas deste sábado 9 de marzo.

Ponteareas ten xa o seu Bacharelato de Artes

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, amosaron a súa satisfacción ante a aprobación da implantación da especialidade do bacharelato de Artes, no IES Val do Tea. Para Cristina Fernández, esta noticia supón "un avance importante na ampliación da oferta educativa de Ponteareas e responde á grande demanda da comunidade educativa que dende hai moitos anos ten loitado para conseguilo".

Suscribirse a este canal RSS