A celebración do Día das Letras Galegas marcou a fin de semana na Guarda

A Guarda celebrou a pasada fin de semana o Día das Letras Galegas con diferentes propostas entre as que destacaron un concerto para escolares, un festival musical e o prato forte coa Festa das Letras. A programación de actividades arrancou o pasado mércores día 15 de maio cun concerto escolar no que participaron máis de 700 estudantes de primaria. O Concerto realizouse no Auditorio de San Bieito a cargo de «A Banda das Apertas» con Magín Blanco, unha actividade incluída no Pontegal da Deputación de Pontevedra.

Juego de Tronos

Ahora que una de las series más aclamadas de los últimos años llega a su fin, aunque la verdad que esta última temporada me está decepcionando un poco, en nuestro país el trono de hierro, perdón, el trono del poder, ya tiene dueño, pero lo malo ahora es saber las alianzas que va a tener y cómo se puede ver en la serie, hay que ver muy bien con quién se alía uno, porque el invierno o el fuego puede llegar y destruirlo todo.

Naír Melo, gañadora do concurso da camiseta 'Día das Letras Galegas' de Tomiño

Naír Melo Pazos, de 26 anos e natural de Santa María de Tebra, vén de gañar o Concurso de deseño de camisetas Letras Galegas, convocado polo grupo de voluntariado municipal de Tomiño. A súa creación estivo plasmada nas camisetas que se repartiron entre os participantes dos obradoiros e actividades conmemorativas, que se desenvolveron o venres na Praza do Seixo, con motivo do Día das Letras Galegas. Obradoiros e actividades organizadas polos voluntarios e destinados a toda a poboación tomiñesa.

  • Publicado en Tomiño

O Festival de Jazz de Ponteareas incorporará unha master class de Víctor Prieto

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Hortensia Bautista, presentou xunto coa asociación de hostaleiros e de Banastra, unha nova edición do festival de jazz que terá lugar do 31 de maio ao 2 de xuño nas rúas e prazas de Ponteareas. Unha nova edición na que a Concellería reafirma a súa aposta "por ofrecer variedade, por levar as actividades ao espazo público exterior e por arroupar e ofrecer un escenario non só aos músicos profesionais se non tamén aos aprendices".

Manuel Portas, «Por puntos»

«Por puntos», o novo traballo narrativo de Manuel Portas, achégase ao costumismo no sentido de reflectir a realidade cotiá sen unha aparente interpretación ou análise da mesma. E digo aparente porque, en verdade, detrás das súas palabras si podemos atopar posicións subxectivas do autor, pese a que tales prantexamentos non son exhibidos con rotundidade para non distraer a atención do lector.

O Centro Cultural do Porriño acolle a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición 'Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia' que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Walter Alvarez , director territorial de ABanca e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de AFundación, asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición ao Porriño.

Redondela organiza unhas xornadas adicadas a Casto Sampedro

O Concello de Redondela e o Concello de Pontevedra, xunto coa Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do SNL de Redondela e o Museo de Pontevedra, organizan unhas xornadas adicadas ao egrexio intelectual redondelán Casto Sampedro. Esta actividade de dous días de duración, busca dar a coñecer diversos aspectos de Casto Sampedro pero tamén outros aspectos da actual investigación antropolóxica.

Suscribirse a este canal RSS