Escolares de Baiona protagonizan a inauguración dun poema visual de David Fernández Rivera

Hoxe ás 11:30 h, Baiona acolleu a inauguración do poema visual «Infinito» do poeta vigués David Fernández Rivera na fachada do multiusos Ángel Bedriñana, na rúa Carabela Pinta; unha actividade organizada pola Concellería de Educación do Concello de Baiona, enmarcada dentro do Ano da Lingua da Deputación de Pontevedra e que contou coa colaboración de G.A.G. Plataformas para a instalación do poema.

  • Publicado en Baiona

Intercambio de poesía visual entre Colombia e o colexio de Covelo

Despois de varios anos levando con gran éxito a poesía visual e obxectual aos alumnos do terceiro ciclo de educación primaria a través do Proxecto Caligrama 2000, o poeta, dramaturgo e educador vigués, David Fernández Rivera, deu un paso cara adiante no seu compromiso e dedicación para coa infancia desde a lírica, concretamente grazas ao Proxecto Atlántida, unha iniciativa de intercambio de poemas visuais a través da arte correo entre estudantes galegos e colombianos.

  • Publicado en Covelo

David Fernández Rivera regresa ás aulas de Covelo co seu obradoiro de poesía visual

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo gozaron, xunto ao poeta e educador David Fernández Rivera, do Proxecto Caligrama 2000, un obradoiro de poesía experimental creado polo artista e que xa visitou multitude de aulas, tanto a nivel nacional como internacional. A través desta iniciativa, organizada e impulsada polo Concello de Covelo, os pequenos percorreron xunto ao autor unha viaxe electrizante cara ás entrañas das manifestacións menos tradicionais da poesía, especialmente a visual e obxectual.

  • Publicado en Covelo

David Fernández Rivera leva a poesía visual aos colexios de Baiona

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria dos diferentes centros educativos de Baiona gozaron, xunto ao poeta e educador David Fernández Rivera, do «Proxecto Caligrama 2000», un obradoiro de poesía visual creado polo artista e que xa visitou multitude de aulas, tanto a nivel nacional como internacional.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS