'Depo en Marcha' inicia esta semana catro novos obradoiros

Ao longo desta semana un total de 67 persoas comezan na provincia catro novos obradoiros enmarcados no programa 'Depo en Marcha 2019'. Os talleres iniciaranse nos municipios de Ponteareas, Vigo e A Estrada. Máis polo miúdo, en Ponteareas, a Asociación Cultural Centro Cultural de Cillarga comeza este luns un taller de Ximnasia de Mantemento, no que van participar 15 persoas todos os luns, de 18:00 a 19:30 horas, e xoves, de 18:00 a 19:00 horas.

Máis de 300 persoas de Redondela, nos programas ‘Conectadas’ e ‘Depo en Marcha’

A deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas, deu a coñecer os datos de participación da veciñanza de Redondela nos obradoiros realizados ao abeiro dos programas ‘Conectadas’ e ‘Depo en Marcha’ da institución provincial, o primeiro deles promovido polo Servizo de Igualdade, e o segundo dende o departamento que xestiona a propia Digna Rivas.

300 persoas de Redondela participaron nos programas «Conectadas» e «Depo en Marcha» da Deputación

Máis de 300 veciños e veciñas de Redondela participaron neste ano 2017 nas oito accións formativas que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha dentro dos programas «Conectadas 2017», promovido polo servizo de Igualdade da Institución provincial e as 6 accións que se desenvolvían ao abeiro do programa «Depo en marcha», desenvolvido pola área de Cohesión Social e Xuventude, que xestiona a deputada redondelá Digna Rivas.

«Conservando a memoria», curso na antiga escola de Tuimil

A Sociedade Cultural do Viso de Redondela vén de organizar, ao abeiro do programa «Depo en marcha» o curso «Conservando a Memoria» dirixido a maiores de 50 anos e que comezará a impartirse o vindeiro 18 de setembro na Sociedade de Agricultores do Viso (antiga escola de Tuimil) os luns e venres en horario de 17:30 horas a 19 horas.

'Depo en Marcha', cen obradoiros para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores

O goberno provincial de Carmela Silva aprobou a adxudicación da xestión, desenvolvemento e execución de 'Depo en Marcha' á UTE formada polas empresas Forox Innovación, S.L. e Marexada, Deporte, Lecer e Cultura, S.L., que ofertaron un prezo por actividade de 744.15o €, que serán as responsables de organizar un total de 100 obradoiros con 8 temáticas distintas pensadas para a terceira idade. 'Depo en Marcha' é un iniciativa do Goberno provincial destinada a fomentar o envellecemento activo a través de diferentes actividades.

Máis de seiscentas persoas de dez concellos participan no programa 'En ruta coa Depo'

'En ruta coa Depo', programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar máis de 600 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Pontevedra, Bueu, Pontecesures, Mos, Vigo, A Estrada, O Porriño, Silleda, Ponte Caldelas e Cangas.

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o programa 'Depo en Marcha'

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo de presentación de solicitudes para o programa “Depo en marcha 2016” cuxo principal obxectivo é favorecer o envellecemento activo dos maiores, pensionistas e xubilados da provincia de Pontevedra. As entidades interesadas en optar a un obradoiro do programa poderán entregar as solicitudes de inscrición ata o 25 de abril nos rexistros da institución provincial.

Suscribirse a este canal RSS