O C.B. Nigrán, campión da fase de ascenso senior

O equipo Sénior masculino do C.B. Nigrán proclamouse, o pasado día 1 de xuño, campión da Fase de Ascenso, conseguindo así unha praza na Segunda División para a próxima tempada. Os de Nigrán conseguían dar este importante paso a falta dunha xornada, na que mañá sábado enfrontaránse ao Salesianos Vigo, sendo ata o de agora o único equipo invicto. 

  • Publicado en Nigrán

O nome de Ponteareas chegará a Valencia da man do laureado ciclista Delio Rodríguez

O concello de Ponteareas acolleu hoxe a presentación da marcha ciclista Madrid-Valencia nunha soa etapa de 350 quilómetros de percorrido, organizada por Ricardo Sánchez de Piñón Fijo. Os e as participantes sairán da localidade madrileña de Arganda del Rey para chegar ao concello valencián de Cheste logo de pedalear durante máis de quince horas. Esta proba recreará o gran premio CIFESA que se organizou durante catro anos consecutivos, sendo Delio Rodríguez o gañador de tres edicións.

576 clubes da provincia reciben este ano axudas da Deputación para o deporte federado

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2019. Benefícianse este ano un total de 576 clubs da provincia, 19 máis que o ano pasado, pertencentes a 58 concellos da provincia de Pontevedra, tal e como sinalou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Trinta millas decidirán os novos campións galegos de 'Solitarios' e 'A dous'

Un percorrido dunhas 30 millas náuticas de ida e volta entre Baiona e a illa de Ons decidirá, o vindeiro sábado 1 de xuño, quen son os gañadores do Campionato Galego de 'Solitarios' e 'A Dous' de 2019, que se celebra no marco do Trofeo Prima Vinia do Monte Real Club de Iates. Este é o oitavo ano consecutivo que a Real Federación Galega de Vela delega no club baionés a organización dunha das probas máis emocionantes e complicadas da tempada náutica, que se poderá seguir en directo en tempo real no computador ou móbil a través da páxina web do Monte Real.

  • Publicado en Baiona

Todo preparado para as finais da 'Copa Deputación de Fútbol'

As finais da Copa Deputación, ás que asistirá a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, xa están servidas tras tres meses de actividade nos que preto de 140 equipos da provincia pelexaron por chegar ao partido polo título. O récord de participación no torneo marcouse grazas á inscrición de 119 equipos masculinos e 19 femininos.

O C.C. Ponteareas, referente no ciclismo galego

A semana pasada o Club Ciclista Ponteareas participou nun total de catro competicións nas modalidades de ciclismo de estrada, Minibtt, Xco e Enduro. O club Ponteareas acadaba uns excelentes resultados o que confirma o excelente momento de forma polo que pasan o club ponteareán, independentemente da modalidade ou categoría na que participe.

Suscribirse a este canal RSS