Carmela Silva: "Queremos un modelo de provincia sostible contando con todos os concellos"

O Salón de Plenos do Pazo Provincial acolleu hoxe o acto de sinatura do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no que a presidenta provincial, Carmela Silva, rubricou os convenios cos alcaldes, alcaldesas e representantes dos 43 concellos que se benefician do programa. O proxecto permitirá substituír 7.519 puntos de luz por luminarias LED nestes 43 concellos (unicamente se podían presentar os que teñen menos de 20.000 habitantes) e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros

A Guarda recibirá unha axuda para a mellora da eficiencia enerxética

O Concello da Guarda será beneficiario dunha axuda para a eficiencia enerxética a través do IDAE, o que permitirá a renovación dun total de 251 puntos de luz do municipio, adaptando os mesmos á nova tecnoloxía led, mellorando a eficiencia e acadando un aforro enerxético dun 74% e cun importe de 78.938,30 €. Estas novas luminarias instalaranse en diferentes rúas e espazos do municipio, destacando tamén a instalación en BIC's coma o Castelo de Santa Cruz (24 puntos de luz) ou o Monte Santa Trega (14 puntos de luz), cunha inversión total de 13.908,34 €.

Ponteareas inviste máis de 150.000 € na mellora da biblioteca-museo

A concellería de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, vén de informar que a finais de maio estarán rematadas as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio da Biblioteca e Museo Municipal, obras que contaron cun investimento de 154.678,31€, e que foron financiados polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional dentro da estratexia 'Ponteareas, Hábitat saudable'.

Tomiño recibe tres subvencións por importe de 827.000 euros para proxectos de eficiencia enerxética

O Concello de Tomiño vén de recibir tres novas subvencións do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (Ministerio de Transición Ecológica de España), por importe de 827.067,77 euros, para acometer importantes proxectos de eficiencia e aforro enerxético. O pleno de Tomiño aprobou en sesión extraordinaria este luns un expediente de modificación de crédito de 502.993,19 euros que lle permitirá achegar ao Concello a parte que lle corresponde na financiación de tales proxectos, para os que o Concello achegará uns 470.000 euros de fondos propios.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda mellora a iluminación da Rúa Pontevedra

O Concello da Guarda ven de mellorar a eficiencia enerxética da Rúa Pontevedra do casco urbano coa instalación de 3 novos puntos de iluminación de tecnoloxía led co que se prevé un aforro enerxético aproximado dun 70%.

Tomiño recibe 170.000 euros do Estado para obras de mellora de eficiencia enerxética

O Concello de Tomiño vén de recibir unha subvención de 174.163 euros por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, IDAE, —entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Transición Ecológica—, para levar a cabo parte dun proxecto de mellora da calidade e sostenibilidade do edificio do antigo centro de saúde, hoxe adicado á atención ao público das áreas de Benestar Social, Cultura, Turismo, Mocidade, Deporte, Protección Civil e Policía Local.

  • Publicado en Tomiño

O novo alumeado público de Tomiño aforra ás arcas municipais preto do 70%

A nova instalación, que consistiu na substitución duns 2000 metros de antigo canleado monofásico por un canleado trifásico, o cambio dunhas 150 lámpadas LED, a renovación de luminarias e o cambio dos postes de madeira por postes de cemento, supuxo unha inversión económica ata o momento duns 9.000 € por parte do Concello de Tomiño.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS