Carmela Silva clausura o obradoiro de escultura en pedra no centro penitenciario da Lama

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo hoxe en valor o traballo en pedra na clausura do curso que a Escola de Cantería desenvolveu durante os últimos meses no Centro Penitenciario de A Lama. A través deste obradoiro, que levou por título Elaboración de obras en pedra natural, dúas internas e nove internos formáronse nas técnicas para realizar pezas de artesanía en pedra, baixo a tutela do mestre canteiro Manuel Varela.

Estás celebra a «XX Exposición e Semana Cultural» cunha mostra conmemorativa de Antúnez Pousa

A Semana Cultural de Estás, no Concello de Tomiño, chega á súa 20ª edición cunha exposición do escultor local José Antúnez Pousa; o mesmo que hai 20 anos inauguraba, coa súa obra, a primeira mostra artística da semana cultural. A mostra, organizada polo Centro Cultural e Social de Estás, coa colaboración do Concello de Tomiño e da Comunidade de Montes de Estás, será inaugurada o domingo 19 de agosto ao mediodía, e permanecerá aberta até o 26.

  • Publicado en Tomiño

As Rutas de Artes e Oficios visitan, este xoves, o estudo de Antúnez Pousa

As Rutas de Artes e Oficios organizadas polo Concello de Tomiño fan unha parada, este xoves 26 de xullo, no estudo do escultor tomiñés Antúnez Pousa. A saída será ás 20:30 dende o campo de fútbol do Alivio e dende alí partirase ata o estudio do artista, que abrirá as súas portas para aqueles interesados en coñecer a súa obra. A actividade é de balde e para todos os públicos e só é preciso insribirse na páxina web do Concello ou neste enlace

  • Publicado en Tomiño

O Espazo Fortaleza de Goián, galería de escultura «en vivo»

Ata o vindeiro 30 de xuño, seis recoñecidos artistas de distintas partes do mundo, traballan «en vivo» no Espazo Fortaleza de Goián, no marco da terceira edición do Simposio de Escultura do Miño; unha iniciativa conxunta dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira que converte a Fortaleza nunha auténtica galería de arte que, como poucas, permite ver a evolución dos traballos dos seis artistas.

  • Publicado en Tomiño

Baiona homenaxea a Manuel Quintas Vergara, «O Ferreiro»

O Concello de Baiona vén de render unha máis que merecida homenaxe ao artista, local recentemente falecido, Manuel Quintas Vergara, coñecido como «O Ferreiro», coa colocación dunha placa na súa memoria ante o monumento de «O Mariñeiro», unha das súas obras icónicas na vila. A súa achega como artista altruísta levou ao Concello de Baiona a renderlle unha homenaxe na que o alcalde, Ángel Rodal, e a filla e «O Ferreiro», descubriron este venres unha placa na súa memoria.

  • Publicado en Baiona

A Escola de Cantería exhíbese nas Beiras do río Sar en Santiago

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra cedeu dezasete obras en granito para unha exposición do concello de Santiago nas beiras do río Sar no que acaban de rematar unhas obras de acondicionamento para unha senda peonil. O propio concello de Santiago foi quen solicitou á Deputación de Pontevedra a colaboración en forma de pezas da Escola de Cantería para conformar esta mostra conmemorativa do fin das obras de acondicionamento das sendas peonís nas beiras do río Sar, o seu paso polo parque Granell.

Suscribirse a este canal RSS