López-Chaves visita a finalización da obra de acondicionamento do nó de Sanguiñeda

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o xefe territorial de Infraestruturas da delegación da Xunta en Pontevedra, José Luis Díez, o tenente alcalde mosense, Alberto Méndez, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, desprazouse hoxe ata o municipio pontevedrés para visitar a finalización da obra de acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre a N-120 e a N-550.

  • Publicado en Mos

Carmela Silva visita as obras na rúa da Igrexa e o Castro de Chandebrito

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Nigrán, Juan González, e concelleiras e concelleiros do goberno municipal, visitou esta mañá a parroquia de Chandebrito para coñecer as labores de escavación, consolidación e restauración do seu castro, así como as actuacións de mellora na rúa da Igrexa, situada na contorna. Esta última actuación, que conta cun orzamento de 60.350 euros, finánciase a través do Plan Concellos 2018.

  • Publicado en Nigrán

Vinte empresas presentan ofertas para executar as melloras do saneamento en Sendelle e Ameixeira

Un total de 20 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora do sistema de saneamento nas parroquias de Sendelle e Ameixeira, en Crecente, por un investimento de máis de 523.000 euros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, colabora co concello co obxectivo de dotar a estes núcleos de poboación dunha nova rede de colectores, ao non dispor na actualidade dunha rede de saneamento axeitada.

Socialistas denuncian a falta de interese da Xunta nas demandas da cidadanía da Guarda

O candidato socialista e alcalde da Guarda insiste no desinterese do goberno galego en Baixo Miño. “Sabemos que Feijóo estivo aquí, e a pesar de ter necesidades evidentes para o desenvolvemento económico e social non recibimos ningunha boa noticia”, lamenta Antonio Lomba. Estes días, ante a veciñanza, o socialista falou da importancia que tería para mellorar a demografía o tramo de autovía Tui – A Guarda, unha infraestrutura clave que permitiría “chegar aos centros de traballo e a hospitais de xeito que a xente puidera asentarse aquí”.

Os colexios Pedro Caselles e de Tebra contan neste curso con novas infraestruturas

O Concello de Tomiño vén de realizar importantes melloras en varios colexios públicos do municipio. Pola súa envergadura, destacan as obras levadas a cabo na parroquia de Tebra e en Santa María de Tomiño. A petición da veciñanza e da ANPA do centro de educación infantil e primaria de Tebra, levouse a cabo a ampliación da pista deportiva existente, co fin de poder dispoñer de máis ámbitos de xogo e de que os equipamentos necesarios para a práctica de distintos deportes, non interfiran entre eles.

  • Publicado en Tomiño

O Concello cumpre os compromisos adquiridos coa veciñanza de Cans

O concelleiro de Seguridade, Limpeza e Parques e Xardíns do Concelo do Porriño, Orlando Márquez, supervisou hoxe a colocación dun banco no torreiro de Cans para o que o Concello destinou un investimento de preto dos 6.000 euros e que, segundo explica o consistorio porriñés, "estará a dispor das persoas que asistan, dende este mércores ao Festival de Cine de Cans".

Suscribirse a este canal RSS