Digna Rivas chama á participación “para acadar unha Redondela cohesionada e de futuro”

A candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Redondela, Digna Rivas, definiu a xornada electoral de hoxe como “unha auténtica festa da democracia na que, veciños e veciñas, elixen o que consideran mellor para os seus municipios”. Rivas, que aspira a converterse na primeira alcaldesa da historia de Redondela, fixo un chamamento á participación “para acadar unha Redondela cohesionada e de futuro”.

Antonio Lomba pecha a campaña no auditorio de San Benito

O alcalde e candidato socialista a alcaldía da Guarda púxolle fin a campaña electoral nun acto aberto a toda a veciñanza no que fixo balance dos últimos catro anos de goberno. “Traballamos arreo e foron moitos os obxectivos conseguidos”, asegurou en referencia a grandes obras como a humanización da rúa Concepción Arenal, mais tamén a proxectos de futuro, como a adquisición da finca de Fínola ou a inclusión do Camiño Portugués da Costa na Lei de Patrimonio de Galicia.

"Digna Rivas é a garantía da presenza da Zona Franca en Redondela"

Diferentes integrantes da Asociación de Empresarios de Redondela mantiveron este xoves un encontro con David Regades, secretario xeral provincial, e Digna Rivas, candidata socialista á alcaldía de Redondela. “A Zona Franca é unha ferramenta para o desenvolvemento económico e temos que poñela a traballar ao servizo de Redondela”, sinalou Rivas, que lembrou que ata a chegada de Regades ao cargo de delegado do Goberno no ente desde hai 11 meses tras o nomeamento por parte de Pedro Sánchez, o ente era un gran descoñecido para a maioría da poboación, sectores produtivos incluídos.

Belén Villar: "o Corpus ten que estar presente en Ponteareas durante todo o ano"

A candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentoulle as asociacións de Alfombristas a súa proposta para impulsar a promoción do Corpus Christi de Ponteareas. Villar explicou que o Concello ampliará no calendario os festexos da celebración e que é necesario a creación dun museo no que todos aqueles que visiten Ponteareas, ao longo do ano, poidan coñecer a historia, a festa, as alfombras e todo o que vira en torno ao Corpus Christi. “Temos que crear un espazo físico no que calquera veciño ou turista poida facer un repaso da historia, descubrir todo o relacionado co Corpus”.

O ministro de Cultura, José Guirao, e Gonzalo Caballero en Ponteareas con Chus Garrote

O ministro de Cultura, José Guirao, e o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE acompañaron este xoves á candidata socialista á alcaldía de Ponteareas, Chus Garrote. O titular de Cultura puido visitar o Concello de Ponteareas e un dos emblemas do patrimonio ponteareá, o Castro de Troña. “Un dos meus obxectivos como alcaldesa é por en valor o noso patrimonio como punto de atracción turística”, subliñou Chus Garrote.

Besada pide un amplo apoio para que "toda a veciñanza teña os mesmos dereitos"

O candidato de Movemento Salceda e alcalde desta localidade, Marcos Besada, pediu hoxe un amplo apoio das veciñas e veciños de Salceda, para facer desde o concello unha xestión eficaz para todos e todas, independentemente da súa ideoloxia. “Queremos gobernar de forma transversal como fixemos estes anos, aplicando xustiza social e non beneficiando a uns veciños por encima doutros, porque para nós todas as veciñas e veciños teñen os mesmos dereitos, aínda que non nos voten...”

Regades e Caballero acompañan a Digna Rivas para explicar o proxecto socialista

As e os socialistas redondelás, coa candidata Digna Rivas á cabeza, mantiveron na noite de hoxe un encontro na Alameda de Chapela co secretario xeral provincial, David Regades, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. A candidata á alcaldía de Redondela quixo agradecer a presenza do secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, no percorrido realizado polas rúas de Chapela.

Digna Rivas comprométese en Chapela coa “nosa cultura e a nosa lingua”

A candidata a Alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, participou hoxe nun acto que tivo como escenario a Alameda de Redondela no que reafirmouse na súa aposta “pola nosa cultura e pola nosa lingua, que non só son un patrimonio cultural, senón tamén unha sinal da nosa identidade como pobo”. Na mesma liña, Rivas deixou clara a súa intención de recuperar “o Día da Muiñeira, un referente cultural de primeira magnitude e que hoxe, como tantas outras cousas, por desidia e deixamento por parte do Goberno do PP, está case que desaparecido”.

Suscribirse a este canal RSS